Nervio hipogloso: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Silverfox (conversa | contribucións)
Nova páxina: thumb|right|210px|Nervio hipogloso, plexo cervical e as súas ramas. O '''nervio hipogloso''', '''nervio hipogloso maior''' ou '''XII par cranial''' é un nervio ...
 
Lameiro (conversa | contribucións)
mudo categoría:nervios a categoría:Sistema nervioso
Liña 14: Liña 14:




[[Categoría:Anatomía]]
[[Categoría:Sistema nervioso]]
[[Categoría:Nervios]]


<gallery>
<gallery>

Revisión como estaba o 24 de novembro de 2008 ás 20:31

Nervio hipogloso, plexo cervical e as súas ramas.

O nervio hipogloso, nervio hipogloso maior ou XII par cranial é un nervio craniano que se encarga especialmente de coordinar os movementos da lingua. Sae do cranio, do óso occipital, a través do burato condíleo anterior. Sae acompañado dos nervios do grupo do vago (IX, X e XI pares craniais). Despois sepárase deles e diríxese cara o borde lateral da lingua. Inervará a maior parte da musculatura extrínseca da lingua (o palatogloso non, que é inervado polo nervio accesorio) e parte dos músculos hoideos.

O seu núcleo atópase do bulbo raquídeo, no surco preolivar, que separa a oliva da pirámide. A este núcleo denomínaselle núcleo do hipogloso. É un nervio motor puro.

Ten 7 ramos colaterais:

  • Ramo menínxeo ou recurrente.
  • Ramos vasculares.
  • Ramo anstomóstico para o ganglio plexiforme do neumogástrico ou X par.
  • Nervio do músculo tirohioideo.
  • Nervio dos músculos hiogloso e estilogloso.
  • Ramo anastomótico para o nervio lingual.
  • Nervio do xenihioideo.