Heinrich Rickert: Diferenzas entre revisións
m bot Engadido: es:Heinrich Rickert |
m bot Engadido: it:Heinrich Rickert |
||
Liña 12: | Liña 12: | ||
[[fi:Heinrich Rickert]] |
[[fi:Heinrich Rickert]] |
||
[[fr:Heinrich Rickert]] |
[[fr:Heinrich Rickert]] |
||
[[it:Heinrich Rickert]] |
|||
[[ja:ハインリヒ・リッケルト]] |
[[ja:ハインリヒ・リッケルト]] |
||
[[pl:Heinrich Rickert (filozof)]] |
[[pl:Heinrich Rickert (filozof)]] |
Revisión como estaba o 16 de novembro de 2008 ás 11:13
Heinrich Rickert (Dantzing 1863 - Heidelberg 1936). Filósofo alemán. Profesor na Universidade de Friburgo desde 1891, onde tivo como alumno a Martin Heidegger, sucedeu en 1916 a Wilhelm Windelband na cátedra de filosofía en Heidelberg. Integrado na escola neokantiana de Baden desenvolveu unha "filosofía dos valores" como a prioris nos que fundar unha conceptualización científica no campo das ciencias culturais. Desta forma Rickert pensaba superar o relativismo historicista e completar ó mesmo tempo a reflexión kantiana sobre as ciencias da natureza. Os valores terían un rango ontolóxico propio diferente das realidades físicas e tamén psíquicas, pero podendo residir nun obxecto, transformándoo nun ben, ou nos actos dun suxeito, converténdoo en algo valorable. O obxectivo das ciencias culturais consistiría en poñer en relación os feitos por elas estudiados con algún valor. Agora ben, non concibe a valoración do investigador como unha arbitrariedade guiada subxectivamente, senón como unha actividade na que se debe constatar os valores que de feito actúan social e historicamente. É dicir, non se trata dunha valoración práctica (Ética), senón dunha valoración teórica (Ciencia). Pódese dicir que Rickert sitúase a medio camiño entre as filosofías naturalistas e as filosofías vitalistas que dominaron as primeiras décadas do século XX.
Como obras salientables mencionaremos Ciencias culturais e ciencias naturais (1899), Os límites da conceptualización naturalista (1896-1902) e Filosofía da vida (1920)