Pota de Bronocice: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 22: Liña 22:


[[Categoría:Arqueoloxía|Pota de Bronocice]]
[[Categoría:Arqueoloxía|Pota de Bronocice]]
[[Categoría:Prehistoria|Pota de Bronocice]]




[[en:Bronocice pot]]
[[en:Bronocice pot]]

Revisión como estaba o 14 de novembro de 2008 ás 19:43

Copia do carro inciso na pota

A pota de Bronocice é unha vaixela de cerámica incisa, con a imaxe máis antiga que se coñece dun vehículo con rodas. Esta datada polo método de radiocarbono entre 3635 e 3370 a.C., atribuíndose á cultura da cerámica de cordas. Na actualidade exhíbese no Museo Arqueolóxico de Cracovia, Polonia.

Descuberta

A pota achouse en 1976 durante as excavacións arqueolóxicas realizadas no gran asentamento neolítico de Bronocice, sobre o río Nidzica, a uns 50 km ao nordeste de Cracaovia. As excavacións foron dirixidas, entre 1974 e 1980, polo Instituto de Arqueoloxía e Etnoloxía da Academia Polaca de Artes e Ciencias conxuntamente con a State University of New York de Buffalo (EUA).

Decoración

A ornamentación da pota presenta esquematicamente elementos claves do contorno social da prehistoria humana. O máis importante componente decorativo é unha representación esquematizada do que é, moi probabelmente, un carro. A figura mostra un vehículo con a súa cabezalla, para xunguir a un animal, e catro rodas. As liñas que conectan estas teñen que representar eixes. O círculo no medio ou simboliza un recipiente para a colleita ou ben é unha representación simbólica do sol. Outras imaxes da pota son unha árbore, un río e o que poden ser campos cruzados por camiños ou foxos dos arredores dunha aldea.

Implicacións históricas

A imaxe esquemática do carro é a máis antiga representación coñecida no mundo dun vehículo con rodas. Implica a existencia de carros na Europa Central nunha época tan antiga como o IV milenio a.C. Supostamente deberon ser arrastrados por uros, cuxos restos foron atopados no mesmo xacemento. Os seus cornos apareceron degastados como se fosen atados con cordas, posibelmente como resultado do uso dalgún tipo de xugo.

Ver tamén

Historia da roda

External links