Anxo Rei Ballesteros: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
creo pax
 
Xas (conversa | contribucións)
interwiki
Liña 25: Liña 25:
[[Categoría:Escritores en lingua galega|Rei Ballesteros, Anxo]]
[[Categoría:Escritores en lingua galega|Rei Ballesteros, Anxo]]
[[Categoría:Escritores de Galicia|Rei Ballesteros, Anxo]]
[[Categoría:Escritores de Galicia|Rei Ballesteros, Anxo]]

[[ca:Anxo Rei Ballesteros]]

Revisión como estaba o 25 de outubro de 2008 ás 10:52

Anxo A. Rei Ballesteros, nado en Codeso, (Boqueixón) o 24 de xaneiro de 1952 é un escritor galego.

Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, a súa traxectoria literaria comeza nos anos mozos colaborando coa revista Bonaval. A súa primeira novela Dos anxos e dos mortos foi publicada pola editorial Castrelos en 1977, e nese mesmo ano recibe o Pedrón de Ouro polo seu relato "Querido Brais". Coa súa segunda novela Loaira acadou o Premio Losada Diéguez en 1993.

Tamén autor de teatro, a súa obra Xogos de damas estreouse en 1987 polo grupo Malbarate, e en 1991 dirixiu a versión de A voz humana de Jean Cocteau. Preocupado pola filosofía, publicou ensaios en revistas e catálogos de artistas, e en 2003 apareceu o seu libro Tempo e vinganza sobre o Hamlet de Shakespeare e o problema do tempo.

Obras

Narrativa

  • Dos anxos e dos mortos, 1977 (reeditada en 1991).
  • Loaira, 1992.
  • A sombra dos teus soños, 1998.
  • Non sei cando nos veremos, 2005.

Teatro

  • Xogos de damas, 1988.

Ensaio

  • Tempo e vinganza, 2003.

Véxase tamén

Ligazóns externas