Luís Amado Carballo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot:Eliminando espazos nas cabeceiras
Rei-bot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: pt:Luís Amado Carballo
Liña 35: Liña 35:
[[ca:Lois Amado Carballo]]
[[ca:Lois Amado Carballo]]
[[es:Luis Amado Carballo]]
[[es:Luis Amado Carballo]]
[[pt:Luís Amado Carballo]]

Revisión como estaba o 23 de outubro de 2008 ás 18:39

Luís Amado Carballo naceu na cidade de Pontevedra, no ano 1901. Cursou estudos de Filosofía e Letras, mais non os rematou, aínda que esta formación lle permitiría posteriormente exercer de mestre de escola, traballo que compaxinou co xornalismo. Coñecido fundamentalmente como poeta e vangarda e fundador do hilozoísmo, a paisaxe e a ría da súa cidade natal marcarán a súa produción poética.

Vida

En 1920 trasládase a Madrid coa idea de dedicarse ao xornalismo, cousa que só consegue parcialmente. Leva unha vida bohemia e asiste a algunhas tertulias literarias. De volta en Pontevedra, en 1922 fundou xunto con Xoán Vidal Martínez a revista Alborada. En 1924, despois de exercer de mestre con carácter interino, ingresou como redactor de La Concordia en Vigo e despois en El Pueblo Gallego.

Morreu en Pontevedra en 1927, aos vinte e sete anos, a consecuencia da tuberculose. Aínda así, a súa aceptación lírica foi tal no seu tempo, que mesmo chegou a crear unha corrente poética, o hilozoísmo.

Obra

Prosística

Poética

Recompilacións

Principais características da súa poesía

Pese a ser tamén autor en prosa, Amado Carballo é coñecido fundamentalmente pola súa creación poética. A súa poesía, influída polas vangardas europeas e americanas, ofrécenos unha mestura das imaxes vangardistas coas formas tradicionais galegas (octosílabo). O elemento cromático está moi presente en toda a súa obra en verso, da cal a grande protagonista é a paisaxe, unha paisaxe que o autor quere presentar humanizada mediante o uso de prosopeas. A poesía de Amado Carballo está enormemente conectada cos sentidos, tecendo os poemas con metáforas.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas