Galicia es una mierda: Diferenzas entre revisións
CAtegorizo |
Sen resumo de edición |
||
Liña 42: | Liña 42: | ||
*[http://es.youtube.com/watch?v=dYjgGbIXv5I videoclip de "Serafín"] dirixido por [[Ramiro Ledo Cordeiro]] |
*[http://es.youtube.com/watch?v=dYjgGbIXv5I videoclip de "Serafín"] dirixido por [[Ramiro Ledo Cordeiro]] |
||
*[http://www.sono-tone.net//index.php?option=com_content&task=view&id=734&Itemid=1 reseña do disco en www.sono-tone.net] escrita por [[Mario Regueira]] |
*[http://www.sono-tone.net//index.php?option=com_content&task=view&id=734&Itemid=1 reseña do disco en www.sono-tone.net] escrita por [[Mario Regueira]] |
||
[[Categoría:Álbums de Ataque Escampe]] |
[[Categoría:Álbums de Ataque Escampe]] |
||
[[Categoría:Álbums do 2008]] |
Revisión como estaba o 15 de xuño de 2008 ás 16:27
Galicia es una mierda é o segundo disco do grupo Ataque Escampe, publicado no 2008. Ademais de estar dispoñible en formato cd, pódese descargar en mp3 de balde na páxina do selo.
O título foi decidido nunha votación aberta no seu blog. As outras opcións eran Arredor da cuestión nacional, A banda desdenhada e Siempre en Murcia.
Ademais dos cinco membros da banda no momento da gravación (Roi Vidal: percusións, kazoo, labios, lixas, harmónica, coros e recitados; Marco Gelpi: acordeón, cuncas tibetás, trompeta, guitarra acústica, trombón de serie B e coros; Samuel Solleiro: violín, guitarras, teclas, coros, asubíos e recitados; Miguel Mosqueira: guitarras acústicas, baixo, teclas, tubulares, xilófono, coros e voz; e Álex Charlón: voz), tamén participaron outros músicos: Xoel Méndez (banjo e cuatro), Paku Granja (voces), Juan José Carbonell (bongós), Iván Pantín (tuba), Xosé Lois García (piano, caixa e xilófono), Borxa Ínsua (serrucho), Andrea Zayas, da banda Sacha na Horta, (voz), Brais Ríos, tamén de Sacha na Horta, (acordeón), e Xoán Xosé Cruz, de Qronopios, (clarinete).
O disco rematouse de gravar o 31 de decembro de 2007. O técnico de son foi Yago Pico, e foi masterizado por Noel Feáns.
Lista de cancións
- "Akira Toriyama"
- "A granxa de Alexandre"
- "Nadina"
- "A banda desdenhada (entre o Leo e o mamoneo)"
- "Serafín"
- "I´m not your man"
- "Canción para pechar o Ruta"
- "Quero ser o malo da película"
- "Vista Alegre"
- "Arredor da cuestión nacional"
- "Galicia es una mierda"
- "O longo adeus"
- "Tres cantos a Lenin"
- "Invención da pólvora" (Bonus track)
Véxase tamén
Ligazóns externas
- páxina do selo
- videoclip de "Serafín" dirixido por Ramiro Ledo Cordeiro
- reseña do disco en www.sono-tone.net escrita por Mario Regueira