Lixus: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
fr:Lixus
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 4 de xuño de 2008 ás 19:28

Ruinas de Lixus

Lixus (en árabe ليكسوس }}) era unha cidade antiga fundada polos fenicios arredor de 1100 a.C.. Estaba situada algúns quilómetros ao norte da pequena cidade de Larache en Marrocos, na beira dereita do wadi Lucos. Lixus foi unha das máis antigas e das máis importantes cidades da costa atlántica.

Aureolada de prestixio na antigüidade, era citada nos mitos gregos como unhs cidade lendaria na que localizaban dous dos traballos de Hércules. Sería en Lixus, en efecto, onde o heroe mítico venceu a Anteo, suposto fundador de Tánxer, e colleu as mazás de ouro do xardín das Hespérides, que estaban gardabas por un dragón[1].

O emperador romano Claudio outorgoulle o estatus de colonia romana[1].

Notas

  1. 1,0 1,1 Plinio Vello, Historia Natural, libro V, I, 3

Ligazóns externas