Sociedade de Nacións: Diferenzas entre revisións
m bot Modificado: lv:Tautu Savienība |
m Bot: Ligando con artigo destacado en:League of Nations |
||
Liña 12: | Liña 12: | ||
No entanto, nunca foi capaz de parar as arelas militaristas de [[Italia]], [[Xapón]] e [[Alemaña]]. Durante a [[Segunda Guerra Mundial]], estivo inactiva e logo foi substituída polas [[Nacións Unidas]]. |
No entanto, nunca foi capaz de parar as arelas militaristas de [[Italia]], [[Xapón]] e [[Alemaña]]. Durante a [[Segunda Guerra Mundial]], estivo inactiva e logo foi substituída polas [[Nacións Unidas]]. |
||
{{Link FA|en}} |
|||
[[Categoría:Idade Contemporánea]] |
[[Categoría:Idade Contemporánea]] |
Revisión como estaba o 2 de xuño de 2008 ás 01:35
Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
Durante a Primeira Guerra Mundial, líderes coma Woodrow Wilson comezaron a defende-la idea da necesidade dunha organización suprestatal a prol de resolve-los conflitos entre as nacións.
Durante as negociacións de paz de outubro de 1918, Woodrow Wilson propuxo os seus catorce puntos entre os que figuraba a creación dunha Liga das nacións.
A liga fundouse na conferencia de Paz de París en 1919. Estableceuse a sede xeral en Xenebra (Suíza). Entre os seus propósitos figuraban promove-las solucións diplomáticas ós conflitos. Acordouse embargar comercialmente os países que declararan guerras.
Pero a liga xamais contou con forzas internacionais. Os mesmos EUA negáronse a participar por renunciar a asina-lo Tratado de Versalles.
Así a todo, cóntanse certos éxitos diplomáticos da liga: evitou a guerra entre o Iraq e Turquía, Grecia e Bulgaria e Polonia e Lituania. ´Todos eles conflitos fronteirizos.
No entanto, nunca foi capaz de parar as arelas militaristas de Italia, Xapón e Alemaña. Durante a Segunda Guerra Mundial, estivo inactiva e logo foi substituída polas Nacións Unidas.