Wikipedia:Votacións a burócrata/Eleccións/Usuario:Albert galiza: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Lmbuga (conversa | contribucións)
Lmbuga (conversa | contribucións)
Liña 48: Liña 48:
***{{Comentario}} Desculpa Lansbricae se din a entender co meu comentario que estabas continuamente a tentar boquear o proxecto. Non penso iso, de ahí o cambio na redacción da mensaxe, que quizáis non expresaba o que eu quería. Sobre a primeira parte da túa mensaxe, a que se resume en ''"a falta dun sistema público e claro de elección de burócratas creo que é evidente que ten sido un factor moi perxudicial para a estabilidade e convivencia no proxecto"'': tes razón, no pasado non se fixeron as cousas todo o transparentes e consensuadas que sería desexable; pero esta elección de burócatra non se parece aos casos que citas, pois ven anunciada, cunha votación con páxina propia e prazos públicos, e unhas normas (aínda que sexa adoptadas por asentimento e non "oficiais" do wiki). Sobre a segunda parte, a miña humilde opinión é que está un pouco fora de lugar nesta páxina, onde pretendemos debater a conveniencia ou non de Albert galiza como burócatra. Non vexo que aporte nada a este debate.[[Usuario:Miguel.lima|Miguel.lima]] 21:02, 19 maio 2008 (UTC)
***{{Comentario}} Desculpa Lansbricae se din a entender co meu comentario que estabas continuamente a tentar boquear o proxecto. Non penso iso, de ahí o cambio na redacción da mensaxe, que quizáis non expresaba o que eu quería. Sobre a primeira parte da túa mensaxe, a que se resume en ''"a falta dun sistema público e claro de elección de burócratas creo que é evidente que ten sido un factor moi perxudicial para a estabilidade e convivencia no proxecto"'': tes razón, no pasado non se fixeron as cousas todo o transparentes e consensuadas que sería desexable; pero esta elección de burócatra non se parece aos casos que citas, pois ven anunciada, cunha votación con páxina propia e prazos públicos, e unhas normas (aínda que sexa adoptadas por asentimento e non "oficiais" do wiki). Sobre a segunda parte, a miña humilde opinión é que está un pouco fora de lugar nesta páxina, onde pretendemos debater a conveniencia ou non de Albert galiza como burócatra. Non vexo que aporte nada a este debate.[[Usuario:Miguel.lima|Miguel.lima]] 21:02, 19 maio 2008 (UTC)
::::*{{Comentario}} Coincido con Miguel Lima e con Elvira. Inda que entendo que o ser ou non burócrata é algo de tan escasa relevancia cando xa se é administrador que non compensa dedicar tempo á elaboración desas políticas cando hai outras cousas e/ou políticas de maior relevancia ás cales dedicar esforzos, pero é unha opinión persoal. Considero ademais que a apertura desta votación, inda que se poida considerar heterodoxa, respecta os principios do wiki. Se a comunidade tamén o considera así, e vota, non hai máis que falar.
::::*{{Comentario}} Coincido con Miguel Lima e con Elvira. Inda que entendo que o ser ou non burócrata é algo de tan escasa relevancia cando xa se é administrador que non compensa dedicar tempo á elaboración desas políticas cando hai outras cousas e/ou políticas de maior relevancia ás cales dedicar esforzos, pero é unha opinión persoal. Considero ademais que a apertura desta votación, inda que se poida considerar heterodoxa, respecta os principios do wiki. Se a comunidade tamén o considera así, e vota, non hai máis que falar.
::::Sobre as acusacións vertidas sobre o administrador Albert Galiza, só dicir que me parecen neste preciso e xusto instante oportunistas e, ademais, con perdón (pero é u que penso), un pataleo (todo o mundo ten dereito a patalear).--[[User:Lmbuga|Lmbuga]] <sup>[[:Commons:User talk:Lmbuga|Commons]] - [[User talk:Lmbuga| Galipedia]]</sup> 21:08, 19 maio 2008 (UTC)
::::Sobre as acusacións vertidas sobre o administrador Albert Galiza, só dicir que me parecen neste preciso e xusto instante oportunistas e, ademais, con perdón (pero é o que penso), un pataleo (todo o mundo ten dereito a patalear).--[[User:Lmbuga|Lmbuga]] <sup>[[:Commons:User talk:Lmbuga|Commons]] - [[User talk:Lmbuga| Galipedia]]</sup> 21:08, 19 maio 2008 (UTC)

Revisión como estaba o 19 de maio de 2008 ás 21:09

A pesar de que non existe un procedemento claro para a elección de Burócratas entendo que se deben seguir os mesmos principios e normas que a comunidade acordou para a elección de administradores. Ademais, e dende un punto de vista da responsabilidade, a carga de traballo e as funcións dun burócrata son moito menores cás dun administrador.

Por iso sigo o mesmo procedemento, e despois de consultarlle ao usuario:Albert galiza, e de ter o seu consentimento, gustaríame propolo para o posto de Burócrata, e recadar o apoio da comunidade a través desta votación.

As razóns que me fan propolo son:

  • na actualidade só hai dous burócratas en activo, e non son neste momento concreto os colaboradores máis constantes.
  • a pesar da estima e da reverencia que lles teño aos burócratas actuais, chega o verán, e é máis necesario ter alguén que poida defrontar as tarefas do cargo de burócrata dunha forma constante, ou para facer quendas cos burócratas actuais, aínda que estes labores sexan moitísimo menores cós de administrador.
  • de todas os administradores activos que poderían facerse cargo do posto, creo que Alberte é o que ten unha máis dilatada experiencia e quen esperta unha maior confianza por parte do resto da comunidade. --Xabier Cid 14:43, 18 maio 2008 (UTC)

A favor

  1. Concordo --Xabier Cid 14:43, 18 maio 2008 (UTC)
  2. Concordo --Arco de Rayne 14:51, 18 maio 2008 (UTC)
  3. Concordo --Hugo22 17:00, 18 maio 2008 (UTC)
  4. Concordo Pois nunca dubidei que Alberte actua polo interes do proxecto. Ten toda a miña confianza. O traballo de burocrata non sera moito en cantidade, pero é moito en responsabilidade. ElviraConversa comigo 17:56, 18 maio 2008 (UTC)
  5. Concordo --Toliño Fala aquí comigo 12:30, 19 maio 2008 (UTC)
  6. Concordo e concordo encantado ----Lmbuga Commons - Galipedia 19:25, 19 maio 2008 (UTC)

En contra

  • Discordo. NON EXISTE POLÍTICA DE ELECCIÓN DE BURÓCRATAS. Na miña opinión nen sequera cumpre cos mínimos necesarios para ser considerado un bo administrador, menos o vexo como burócrata. Non ten adoptado unha posición propia nin neutral en moitos dos acontecementos sucedidos na galipedia. Ten por costume non xustificar as súas actuacións cousa que considero perniciosa en grado máximo para o proxecto, e é partícipe coas súas actuacións de que se vulnerasen as poucas políticas aprobadas pola comunidade ata agora (vid. que hai que facer para pedir a demisión dun administrador e o que se permitiu facer co administrador Xosé). Na miña opinión os seus xeitos de actuar son parte importante na consecuencia de que varios editores "bastante" activos abandonasen a edición activa no proxecto.
A parte de todo isto non entendo esta votación en que se basea, nunha norma inglesa? Un administrador elexido por outro administrador é proposto por outro administrador en base a unha política non existente de elección de burócratras. Un pouco de coherencia ao sistema non lle faría mal ningún. Propor primeiro un sistema de elección de burócratas e despois propor o que se considere. Qué é isto unha aplicación por analoxía da política aprobada para a elección dos administradores? Lansbricae (Ti dirás) 18:29, 18 maio 2008 (UTC)


Neutros

  • Comentario Penso como Lansbricae que sería bó ter unha política de elección de administradores, pero tamén vexo que non é bó bloquear cada cousa que precisemos facer ate que teñamos políticas para todo pero tamén vexo que non sería bó bloquear calquera cousa que precisasemos facer ata que non tivesemos unha política perfectamente definida. Si en xeral hai consenso acerca de que o procedemento que se está seguindo é válido, non creo que faga falta que o plasmemos antes nunha política, por motivos operativos. Por min, a non ser que haxa usuarios que teñan problemas con algún punto concreto do procedemento, eu tiraría para adiante. Miguel.lima 20:19, 18 maio 2008 (UTC)
  • Comentario O que si boto en falta é a data de inicio e fin da votación na cabeceira da páxina. Miguel.lima 20:19, 18 maio 2008 (UTC)

  • Comentario Resposta a Miguel Lima: Política de administradores xa existe. Que exprese a miña opinión non implica que a miña intención sexa a de bloquear cada cousa sobre a que opino. Eu votei en contra pero votei, non pedín agardar nin pedín que se paralizase nada. Coa miña participación no proxecto non creo terme caracterizado por pretender o bloqueo de nada. A miña opinión e voto en contrario ven determinada pola experiencia que tiven coa figura do burócrata durante o tempo que levo colaborando no proxecto. A primeira actuación dun burócrata que eu observei foi a elección, o 7 de marzo de 2007, dos administradores por parte do burócrata e administrador naquel entonces Prevert: Sobreira, Xosé, Albert galiza, Beninho e Miñato e o nomeamento como burócrata de Xelo2004 [1], sendo unha decisión persoal como informou o usuario:moderador (sic) e el mesmo. A seguinte ocasión na que tiven coñecemento do actuar dun burócrata foi cando o usuario Xelo2004 decidiu traspasarlle o status de administrador do usuario:moderador a un vello relixioso que retornara das misións, aló polos finais de agosto e principios de setembro. A seguinte ocasión foi o nomeamento que decide persoalmente o burócrata xelo2004 de nomear burócrata ao administrador Miñato, que ao tempo é acusado por outro burócrata Lmbuga de xerar o sentimento de estar a dar un golpe de estado [2]. Entendo que en todos eses nomeamentos houbo algún tipo de consenso, pero a falta dun sistema público e claro de elección de burócratas creo que é evidente que ten sido un factor moi perxudicial para a estabilidade e convivencia no proxecto.
En canto ao exposto por Xabier Cid na páxina de conversa de Miguel Lima:

"Ola, Miguel.lima, xa puxen o sinal de data de remate, que se me esquecera. Síntoo. Grazas por lembrarmo. As eleccións á administración teñen un prazo de 15 días. Por outra parte, e aínda que non están reguladas especificamente as eleccións a burócratas, e tendo o carácter tan particular destas eleccións, entendín que nunca poderían esixir requirimentos máis estritos cós que rexen para a administración, que foron moi elaborados e discutidos, e sobre os que se creou un importante consenso, non só de letra, senón tamén de espírito. En todo caso, e como ti ben dis, se alguén entendese que ese consenso anterior carece de validez agora, habería que pensar na creación dunhas normas particulares. Un saudiño. --Xabier Cid 20:40, 18 maio 2008 (UTC)",

lamento disentir en que a política de aprobación dos administradores e o consenso que conlevou non foi tan unánime como sinala e ademais é evidente que ese consenso xa non é o mesmo xa que desde aquela téñense bloquedo para sempre a un editor (Maañón), bloqueado un administrador (Xosé) por un burócrata (por falar onde lle exigiran antes que falase), e acusado (coa mera repetición de insinuacións e sospeitas presentados a modo de indicios de non sei que) ese mesmo administrador de xeito continuado por ese mesmo burócrata e o usuario Prevert ata obter que ese administrador deixe de participar activamente no proxecto. Por isto e algunhas cousas mais considero que non existe un consenso similar ao que había daquela e quero tamén recordar que varios editores non votamos naquela ocasión, abstivémonos para non bloquear a votación, xa que daquela falábase de que se trataba dun acordo de mínimos a completar co tempo.

Por todas estas razóns din a miña opinión e, a pesares de considerar que a forma sempre e modificable, creo que neste caso o feito de non establecer un sistema previamente a elección dun burócrata implicaría a continuación dos erros xa cometidos (claro está sen votación naqueles casos), e que esta elección só vai facer que o proceso endogámico do que é producto a elección de gran parte dos administradores e burócratas deste proxecto aumente.

Por último engadir que si o meu interese fose o de bloquear algo, creo ter aprendido aquí que o mellor xeito de bloquear algo é co silencio (que por desgraza xogou tamén un papel importante nestes últimos tempos). Só dou a minha opinión e pido que como tal se teña en conta sen tentar darlle intencións ocultas de pretender bloquear nada. Se o meu historial serve para xustificar bloqueos, creo que o meu historial tamén debe servir para que se vexa o interés que amosei en traballar no proxecto, non en bloquear nada del. Saúdos. Lansbricae (Ti dirás) 12:12, 19 maio 2008 (UTC)

      • Comentario De non ter politicas para que a comunidade poida propór un burócrata a fundacíón non é problema. Os proxectos wikis empezan con só as politicas basicas da fundación. Logo fanse politicas e regras adaptadas ao funcionamento de cada proxecto para pór orden entre nós. Politicas e regras de eleccións de burocrata son utiles para o noso funcinamento, non son necesarias para lexitimar. Por fallo de regras de eleccións eiqui hai unha páxina para recoller unha proposta da comunidade as funcións de burocrata na Galipedia. Esta páxina é lexítima -ElviraConversa comigo 19:09, 19 maio 2008 (UTC)
      • Comentario Desculpa Lansbricae se din a entender co meu comentario que estabas continuamente a tentar boquear o proxecto. Non penso iso, de ahí o cambio na redacción da mensaxe, que quizáis non expresaba o que eu quería. Sobre a primeira parte da túa mensaxe, a que se resume en "a falta dun sistema público e claro de elección de burócratas creo que é evidente que ten sido un factor moi perxudicial para a estabilidade e convivencia no proxecto": tes razón, no pasado non se fixeron as cousas todo o transparentes e consensuadas que sería desexable; pero esta elección de burócatra non se parece aos casos que citas, pois ven anunciada, cunha votación con páxina propia e prazos públicos, e unhas normas (aínda que sexa adoptadas por asentimento e non "oficiais" do wiki). Sobre a segunda parte, a miña humilde opinión é que está un pouco fora de lugar nesta páxina, onde pretendemos debater a conveniencia ou non de Albert galiza como burócatra. Non vexo que aporte nada a este debate.Miguel.lima 21:02, 19 maio 2008 (UTC)
  • Comentario Coincido con Miguel Lima e con Elvira. Inda que entendo que o ser ou non burócrata é algo de tan escasa relevancia cando xa se é administrador que non compensa dedicar tempo á elaboración desas políticas cando hai outras cousas e/ou políticas de maior relevancia ás cales dedicar esforzos, pero é unha opinión persoal. Considero ademais que a apertura desta votación, inda que se poida considerar heterodoxa, respecta os principios do wiki. Se a comunidade tamén o considera así, e vota, non hai máis que falar.
Sobre as acusacións vertidas sobre o administrador Albert Galiza, só dicir que me parecen neste preciso e xusto instante oportunistas e, ademais, con perdón (pero é o que penso), un pataleo (todo o mundo ten dereito a patalear).--Lmbuga Commons - Galipedia 21:08, 19 maio 2008 (UTC)