Wikipedia:Votacións a burócrata/Eleccións/Usuario:Albert galiza: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Elvire (conversa | contribucións)
→‎A favor: e voto
Lansbricae (conversa | contribucións)
discordo
Liña 17: Liña 17:


====En contra====
====En contra====
* {{Discordo}}. '''NON EXISTE POLÍTICA DE ELECCIÓN DE BURÓCRATAS'''. Na miña opinión nen sequera cumpre cos mínimos necesarios para ser considerado un bo administrador, menos o vexo como burócrata. Non ten adoptado unha posición propia nin neutral en moitos dos acontecementos sucedidos na galipedia. Ten por costume non xustificar as súas actuacións cousa que considero perniciosa en grado máximo para o proxecto, e é partícipe coas súas actuacións de que se vulnerasen as poucas políticas aprobadas pola comunidade ata agora (vid. que hai que facer para pedir a demisión dun administrador e o que se permitiu facer co administrador Xosé). Na miña opinión os seus xeitos de actuar son parte importante na consecuencia de que varios editores "bastante" activos abandonasen a edición activa no proxecto.

:A parte de todo isto non entendo esta votación en que se basea, nunha norma inglesa? Un administrador elexido por outro administrador é proposto por outro administrador en base a '''unha política non existente de elección de burócratras'''. Un pouco de coherencia ao sistema non lle faría mal ningún. Propor primeiro un sistema de elección de burócratas e despois propor o que se considere. Qué é isto unha aplicación por analoxía da política aprobada para a elección dos administradores? [[User:Lansbricae|Lansbricae]]<sup>[[User talk:Lansbricae| (Ti dirás) ]]</sup> 18:29, 18 maio 2008 (UTC)


====Neutros====
====Neutros====

Revisión como estaba o 18 de maio de 2008 ás 18:29

A pesar de que non existe un procedemento claro para a elección de Burócratas entendo que se deben seguir os mesmos principios e normas que a comunidade acordou para a elección de administradores. Ademais, e dende un punto de vista da responsabilidade, a carga de traballo e as funcións dun burócrata son moito menores cás dun administrador.

Por iso sigo o mesmo procedemento, e despois de consultarlle ao usuario:Albert galiza, e de ter o seu consentimento, gustaríame propolo para o posto de Burócrata, e recadar o apoio da comunidade a través desta votación.

As razóns que me fan propolo son:

  • na actualidade só hai dous burócratas en activo, e non son neste momento concreto os colaboradores máis constantes.
  • a pesar da estima e da reverencia que lles teño aos burócratas actuais, chega o verán, e é máis necesario ter alguén que poida defrontar as tarefas do cargo de burócrata dunha forma constante, ou para facer quendas cos burócratas actuais, aínda que estes labores sexan moitísimo menores cós de administrador.
  • de todas os administradores activos que poderían facerse cargo do posto, creo que Alberte é o que ten unha máis dilatada experiencia e quen esperta unha maior confianza por parte do resto da comunidade. --Xabier Cid 14:43, 18 maio 2008 (UTC)

A favor

  1. Concordo --Xabier Cid 14:43, 18 maio 2008 (UTC)
  2. Concordo --Arco de Rayne 14:51, 18 maio 2008 (UTC)
  3. Concordo --Hugo22 17:00, 18 maio 2008 (UTC)
  4. Concordo Pois nunca dubidei que Alberte actua polo interes do proxecto. Ten toda a miña confianza. O traballo de burocrata non sera moito en cantidade, pero é moito en responsabilidade. ElviraConversa comigo 17:56, 18 maio 2008 (UTC)

En contra

  • Discordo. NON EXISTE POLÍTICA DE ELECCIÓN DE BURÓCRATAS. Na miña opinión nen sequera cumpre cos mínimos necesarios para ser considerado un bo administrador, menos o vexo como burócrata. Non ten adoptado unha posición propia nin neutral en moitos dos acontecementos sucedidos na galipedia. Ten por costume non xustificar as súas actuacións cousa que considero perniciosa en grado máximo para o proxecto, e é partícipe coas súas actuacións de que se vulnerasen as poucas políticas aprobadas pola comunidade ata agora (vid. que hai que facer para pedir a demisión dun administrador e o que se permitiu facer co administrador Xosé). Na miña opinión os seus xeitos de actuar son parte importante na consecuencia de que varios editores "bastante" activos abandonasen a edición activa no proxecto.
A parte de todo isto non entendo esta votación en que se basea, nunha norma inglesa? Un administrador elexido por outro administrador é proposto por outro administrador en base a unha política non existente de elección de burócratras. Un pouco de coherencia ao sistema non lle faría mal ningún. Propor primeiro un sistema de elección de burócratas e despois propor o que se considere. Qué é isto unha aplicación por analoxía da política aprobada para a elección dos administradores? Lansbricae (Ti dirás) 18:29, 18 maio 2008 (UTC)

Neutros