Granito: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m robot Añadido: lt
YurikBot (conversa | contribucións)
m robot Añadido: ru
Liña 42: Liña 42:
[[pl:Granit]]
[[pl:Granit]]
[[pt:Granito]]
[[pt:Granito]]
[[ru:Гранит]]
[[sv:Granit]]
[[sv:Granit]]

Revisión como estaba o 28 de setembro de 2005 ás 09:27

O granito ou popularmente cantería é unha rocha ígnea, de grán groso (porfiroide), composta esencialmente por cuarzo e feldespato potásico, tendo como minerais acesorios frecuentes biotita, moscovita ou anfíbolas. O granito é unha rocha utilizada como pedra ornamental e na construción.

Para o sector de rochas ornamentais e de revestimento, o termo granito designa un amplo conxunto de rochas silicáticas, abranxendo monzonitos, granodioritos, charnockitos, sienitos, dioritos, diabasios/basaltos e os proprios granitos.

A composición mineralóxica dos "granitos" é así definida por asociacións moito variables de Cuarzo, feldespato, micas (biotita e muscovita), anfibolios (sobre todo hornblenda), piroxenios (aexirina, auxita e hiperstenio) e olivina. Alguns deses constituintes poden estar ausentes en determinadas asociacións mineralóxicas, anotandose diversos outros minerais acesorios en proporcións ben máis reducidas. Cuarzo, feldespatos, micas e anfibolios son os minerais dominantes nas rochas graníticas e granitoides.

Macroscopicamente, o Cuarzo é recoñecido como o mineral incoloro ou afumado, xeralmente translúcido, moi común nos granitos, podendose tamén encontrálo na cor azulada en rochas específicas.

Os feldespatos (microclinio, ortoclasio e plaxioclasios), son os principais balizadores do padrán cromático das rochas silicáticas, conferindo as coloracións avermellada, rosada e creme-acincentada nos granitos homoxéneos (isótropos) e orientados/movimentados (anisótropos).

A cor negra variabelmente impregnada na matriz das rochas silicáticas, é conferida polos minerais máficos (silicatos ferro-magnesianos), sobre todo anfibolio (hornblenda) e mica (biotita), chamados vulgarmente "carbón".

Nos granitos máis leucocráticos (claros), polo tanto con menor cantidade de minerais ferro-magnesianos, o Cuarzo e o feldespato compoñen normalmente entre o 85% e 95% da rocha.

A textura das rochas silicáticas é determinada pola granulometría e hábito dos cristais, sendo a estrutura definida pola distribución deses cristais. Composición, textura e estrutura representan así parámetros de moito interese para caracterización de granitos e a súa distinción dos mármores.

Ver tamén:

Lista de rochas