Igrexa de San Martiño de Rebordelo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Lansbricae (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Robot: Reemplazo automático de texto (-Categoría:Igrexas de Galicia +Categoría:Igrexas da provincia de Pontevedra)
Liña 16: Liña 16:


[[Categoría:Cotobade]]
[[Categoría:Cotobade]]
[[Categoría:Igrexas de Galicia]]
[[Categoría:Igrexas da provincia de Pontevedra]]

Revisión como estaba o 5 de febreiro de 2008 ás 11:26

A igrexa de San Martiño de Rebordelo é a igrexa parroquial de Rebordelo, parroquia do concello pontevedrés de Cotobade.

A igrexa actual é de feitura moderna agás a ábsida da construción románica primitiva, que na actualidade se atopa pegada ao muro oriental do templo e utilízase como sancristía.

Esta ábsida románica non presenta cara o exterior contrafortes nin conserva a cornixa. O muro testeiro ábrese unha saeteira e no muro piñón conserva unha representación escultórica dun enorme lagarto e sobre el unha cruz moderna.

Ábrese o muro setentrional cunha moderna porta alintelada.

No interior ábrese por medio dun arco trunfal lixeiramente apuntado e que se apoia sobre un par de columnas (das que só se conserva a meridional). Só conserva un capitel que presenta decoración vexetal e ábaco con bolas na nacela.

A tipoloxía decorativa fai pensar que se trata dunha obra de principios do século XIII, xunto cos restos do carneiro místico que é moi similar ao da igrexa de Santa María de Sacos.

Véxase tamén

Outros artigos