Igrexa de San Martiño de Rebordelo
Igrexa de San Martiño de Rebordelo | |
---|---|
Vista da igrexa | |
País | España |
Localización | Rebordelo (Cerdedo-Cotobade) |
Coordenadas | 42°27′57″N 8°29′23″O / 42.46583333, -8.48972222 |
[ editar datos en Wikidata ] |
A igrexa de San Martiño de Rebordelo é a igrexa parroquial de Rebordelo, parroquia do concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade.
Arquitectura
[editar | editar a fonte]A igrexa actual é de feitura moderna agás a ábsida da construción románica primitiva, que na actualidade se atopa pegada ao muro oriental do templo e utilízase como sancristía.
Esta ábsida románica non presenta cara ao exterior contrafortes nin conserva a cornixa. O muro testeiro ábrese unha seteira e no muro piñón conserva unha representación escultórica dun enorme lagarto e sobre el unha cruz moderna.
Ábrese o muro setentrional cunha moderna porta alintelada.
No interior ábrese por medio dun arco trunfal lixeiramente apuntado e que se apoia sobre un par de columnas (das que só se conserva a meridional). Só conserva un capitel que presenta decoración vexetal e ábaco con bolas na nacela.
A tipoloxía decorativa fai pensar que se trata dunha obra de principios do século XIII, xunto cos restos do carneiro místico que é moi similar ao da igrexa de Santa María de Sacos.
En outubro de 2010 un raio provocou o desprendemento de varias das pedras da cúpula do campanario[1].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Un raio esnaquiza o campanario da igrexa de Reboredo, en Cotobade". Diario de Pontevedra. 31 de outubro de 2010.