Inquisición española: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot: Arranxiños de formato
expansión do artigo
Liña 1: Liña 1:
{{enuso}}
'''A Inquisición en España''' actuou baixo o control dos [[rei]]s de [[España]] de [[1478]] ata [[1834]]. Esta [[Inquisición]] foi o resultado da [[Reconquista Española]] das mans dos musulmáns, e a política de conversión de [[xudaísmo|xudeus]] e musulmáns españois ao [[catolicismo]]. A Inquisición foi un importante instrumento na política chamada ''limpeza de sangue'' contra os descendentes de xudeus e musulmáns convertidos.
'''A Inquisición española''' ou tamén coñecida como '''Tribunal do Santo Oficio da Inquisición''' actuou baixo o control dos [[rei]]s de [[España]] de [[1478]] ata [[1834]]. Esta [[Inquisición]] foi o resultado da [[Reconquista Española]] das mans dos musulmáns, e a política de conversión de [[xudaísmo|xudeus]] e musulmáns españois ao [[catolicismo]]. A Inquisición foi un importante instrumento na política chamada ''limpeza de sangue'' contra os descendentes de xudeus e musulmáns convertidos.

A Inquisición, como [[tribunal eclesiástico]], só tiña competencia xurídica sobre cristiáns bautizados. Durante a maior parte da súa historia, nembargantes, ao non existir en [[España]] nin nos seus territorios dependentes liberdade de culto, a súa xurisdicción estendeuse a totalidade dos súbditos do rei de España.


[[Imaxe:Pedro Berruguete - Saint Dominic Presiding over an Auto-da-fe (1475).jpg|right|thumb|250px|''San Domingos presidindo un auto de fe'' ([[1475]]).]]
[[Imaxe:Pedro Berruguete - Saint Dominic Presiding over an Auto-da-fe (1475).jpg|right|thumb|250px|''San Domingos presidindo un auto de fe'' ([[1475]]).]]

Revisión como estaba o 19 de xaneiro de 2008 ás 21:28

A Inquisición española ou tamén coñecida como Tribunal do Santo Oficio da Inquisición actuou baixo o control dos reis de España de 1478 ata 1834. Esta Inquisición foi o resultado da Reconquista Española das mans dos musulmáns, e a política de conversión de xudeus e musulmáns españois ao catolicismo. A Inquisición foi un importante instrumento na política chamada limpeza de sangue contra os descendentes de xudeus e musulmáns convertidos.

A Inquisición, como tribunal eclesiástico, só tiña competencia xurídica sobre cristiáns bautizados. Durante a maior parte da súa historia, nembargantes, ao non existir en España nin nos seus territorios dependentes liberdade de culto, a súa xurisdicción estendeuse a totalidade dos súbditos do rei de España.

San Domingos presidindo un auto de fe (1475).

Contexto

No século XV a España non era un estado unificado, pero si unha confederación de monarquías, cada cal co seu administrador, como os Reinos de Aragón e Castela, gobernados por Fernando e Isabel, respectivamente. No Reino de Aragón (unha confederación de Aragón, Illas Baleares, Cataluña e Valencia) había unha Inquisición local desde a Idade Media, tal como noutros países da Europa, pero aínda non había Inquisición no Reino de Castela e León. Ata 1492, Granada aínda estaba baixo o control musulmán. As cidades máis importantes, como Sevilla, Valladolid e Barcelona (capital do Reino de Aragón), tiñan grandes poboacións de xudeus en guetos.

Había unha longa tradición de traballos de xudeus no Reino de Aragón. O pai de Fernando, Xoán II de Aragón, indicou Abiathar Crescas, un xudeu, como astrólogo da corte. Moitos xudeus ocupaban postos de importancia, tanto relixiosos como políticos.

Orixes

O aragonés Fernando non pensaba usar a relixión como medio de controlar o seu pobo, pero si desexaba as relixións xudía e musulmá fóra dos seus dominios, e a inquisición foi o medio que usou para atinxilo. Moitos historiadores cren que a Inquisición foi o método usado por Fernando para enfraquecer os seus opositores principais no seu reino. Posíbelmente había tamén unha motivación económica: moitos financistas xudeus forneceron o diñeiro que Fernando usou para casar coa raíña de Castela, e varios deses débitos serían extintos se o financiador fose condenado. O inquisitor instalado na Catedral de Zaragoza por Fernando foi asasinado por cristiáns novos.

O papa non desexaba a inquisición instalada en España, pero Fernando insistiu. El persuadiu a Rodrigo Borgia, entón bispo de Valencia, a facer lobby en Roma no seu nome, xunto ao papa Sisto IV. Borgia tivo éxito coa instalación da Inquisición en Castela. Máis tarde, Borgia tivo apoio español no seu papado ao suceder Sixto IV, co título de Alexandre VI.

Sixto IV era papa cando a Inquisición foi instalada en Sevilla no ano 1478. El foi contra, debido aos abusos, pero foi forzado a concordar cando Fernando ameazou negar apoio militar á Santa Sé. Fernando obtivo así o que desexaba: controlar só a Inquisición española, pero coa beizón do papa.

A Inquisición e a expulsión dos xudeus

Fernando e Isabel indicaron a Tomás de Torquemada en 1481 para investigar e punir os conversos — xudeus e mouros que dicían térense convertido ao catolicismo, pero que continuasen a practicar as súas antigas relixións en secreto. Algúns xudeus disfrazados tornáranse padres e mesmo bispos. Os detractores chamaban os xudeus convertidos de marraos, unha expresión pexorativa, que significa porcos. Entre os anos 1486 e 1492, 25 autos de fe ocorreron en Toledo. Un total de 464 autos de fe contra xudeus ocorreron entre 1481 e 1826. No total, máis de 13 mil conversos foron xulgados entre 1480 e 1492. A Inquisición contra os conversos culminou coa expulsión dos xudeus da España en 1492.

Modo de actuación

A inquisición, como unha corte relixiosa, era operada por autoridades da igrexa. Pero se unha persoa fose considerada herexe, a punición era entregada ás autoridades seculares, pois "a igrexa non derramaba sangue". A tortura frecuentemente era usada como modo de penitencia. As punicións variaban da vergoña pública (obrigar o uso do sambenito, unha roupa de penitente) ata ser queimado en praza pública. A morte polo garrote era usada para os arrepentidos. Esas punicións facíanse en cerimonias públicas, chamadas autos de fe. Algunhas persoas acusaban outras por vinganza, ou para obter recompensas da Coroa. A propia Coroa Española beneficiábase, ao desapropiar os bens dos conversos.

A Inquisición tamén foi usada contra os primeiros focos do protestantismo, contra a diseminación das ideas de Erasmo de Rotterdan, contra o Iluminismo e, no século XVIII, contra o Enciclopedismo. A pesar das accións das outras inquisicións europeas contra a bruxaría, as bruxas non eran o principal foco da inquisición española. As acusadas de bruxaría eran normalmente calificadas como loucas. Durante o goberno de Xosé I aboliuse a Inquisición, pero foi reinstalada cando Fernando VII de España subiu ao trono. O profesor Cayetano Ripoli, garroteado en Valencia en 26 de xullo de 1826, foi a última persoa morta pola inquisición española. En 15 de xullo de 1834 foi finalmente abolida.

A Inquisición tamén foi instalada no México e no Perú, pero foi abolida nestes países cando lograron independizarse de España.

Referencias

  • Henry Kamen, The Spanish Inquisition: A Historical Revision. (Yale University Press, 1999). ISBN 0300078803
  • Henry Charles Lea, A History of the Inquisition of Spain (4 volumes), (New York and London, 1906-1907)