Solidaridad Gallega: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 7: Liña 7:


[[Category:Partidos políticos]]
[[Category:Partidos políticos]]
[[pt:Solidaridade Galega]]

Revisión como estaba o 31 de agosto de 2005 ás 14:12

Solidaridad Gallega foi unha organización política rexionalista galega activa entre 1907 e 1912. Tralo triúnfo electoral da Solidaritat Catalana en 1906, en Galicia aumentan os contactos entre as forzas da oposición para o establecemento dunha forza política que aglutinase aos sectores contrarios ao turnismo.
No verán de 1907, 42 persoas asinan o Manifesto Solidario, que deu orixe a Solidaridad Gallega na que conflúen os republicanos dirixidos por José Rodríguez Martínez, os republicanos federais de Moreno Barcia, os tradicionalistas de Juan Vázquez de Mella e os rexionalistas de Manuel Murguía, Galo Salinas e Eugenio Carré.
O anticaciquismo e o apoio ao asociacionismo agrario foron os dous piares da organización, baixo o seu patrocinio formáronse 400 sociedades agrarias, en 1911 só 85 permanecían afiliadas á SG
Nas eleccións municipais de 1910 obtivo 258 concelleiros na provincia da Coruña, pero as diferenzas entre os membros da organización impediu a súa consolidación. Solidarismo gallego, o seu órgano oficial, apareceu en decembro de 1907.