Celso Emilio Ferreiro: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
categorización
Sen resumo de edición
Liña 17: Liña 17:


[[Category:Autores galegos|Ferreiro Míguez, Celso Emilio]]
[[Category:Autores galegos|Ferreiro Míguez, Celso Emilio]]
[[pt:Celso Emilio Ferreiro]]

Revisión como estaba o 28 de agosto de 2005 ás 21:04

Celso Emilio Ferreiro Míguez naceu en Celanova (Ourense), no ano 1912 e morreu en Vigo en 1979. Era de familia acomodada campesiña e galeguista. Ós 22 anos, en 1934, fundou con Xosé Velo Mosquera a Federación de Mocedades Galeguistas. Pouco despois, foi procesado por un artigo publicado en Guieiro, revista que el mesmo dirixía. É mobilizado para a Guerra Civil polas tropas de Franco. Estudia Dereito, colabora en diversos xornais e revistas e en 1966 emigra a Venezuela, onde colaborou coa “Hermandade Galega” fundou o “Patronato da Cultura Galega”, e traballou no gabinete do Presidente Caldera.

Ó voltar da emigración, instalouse en Madrid, onde traballou de xornalista. Ten prosa e poesía en castelán e galego, destacando na poesía en galego, de fundo contido social. Foi esta a que lle deu a sona de grande escritor.

Libros:

  • Cartafol de poesía,
  • O sono sulagado,
  • Viaxe ao país dos ananos,
  • Terra de ningures,
  • Onde o mundo se chama Celanova,
  • Longa noite de pedra - Esta obra é a máis senlleira, dando nome a toda unha época da nosa historia contemporánea,
  • Cimeterio privado

Fóille adicado en 1989 o Día das Letras Galegas.