Bandeira de Navarra: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Etiqueta: edición de código 2017
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 15: Liña 15:
{{Control de autoridades}}
{{Control de autoridades}}


[[Categoría:Bandeiras|Navarra]]
[[Categoría:Símbolos de Navarra]]
[[Categoría:Símbolos de Navarra]]
[[Categoría:Bandeiras de pobos indíxenas|Navarra]]

Revisión como estaba o 2 de febreiro de 2022 ás 12:56

Bandeira de Navarra.

A bandeira de Navarra foi deseñada en 1910 por tres persoas afíns ao nacionalismo vasco, Arturo Campión, Julio Altadill e Hermilio de Oloriz. Ese mesmo ano aprobouna a Deputación Navarra e foi recoñecida pola Lei Orgánica de Reintegración e Amelloramento do Réxime Foral de Navarra (LORAFNA), de 10 de agosto de 1982, que establece no seu artigo 7.2: "A bandeira de Navarra é de cor vermella, co escudo no centro."

Así mesmo, o escudo de Navarra está formado por cadeas de ouro sobre fondo vermello, cunha esmeralda verde no centro de unión dos seus oito brazos de elos e, sobre elas, a Coroa Real, símbolo do antigo Reino de Navarra. A imaxe das cadeas adoptaríase, segundo unha explicación tradicional, tras a participación de Sancho VII o forte na batalla das Navas de Tolosa no 1212.

A bandeira de Navarra vén usándose como símbolo do territorio desde 1910. Elixiuse a cor vermella para o pano por ser esta a cor do campo do escudo.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Estandarte dos monarcas de Navarra desde 1212.
Estandarte dos Reis de Navarra desde 1212 (Versión antiga)