Escudo de Navarra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Escudo de Navarra (oficial).svg

O escudo de Navarra é o escudo que representa a Navarra. Aparece formalmente descrito no artigo 7.1 da Lei Orgánica de Reintegración e Amejoramiento do Réxime Foral de Navarra, de 10 de agosto de 1982 que establece: "O escudo está formado por cadeas de ouro sobre fondo vermello, cunha esmeralda no centro de unión dos seus oito brazos de elos e, sobre elas, a Coroa Real, símbolo do Antigo Reino de Navarra".

Características[editar | editar a fonte]

A descrición actual corresponde ao escudo histórico de Navarra -cadea de ouro sobre fondo de goles- que a lenda relaciona co escudo de armas que o rei navarro Sancho VII o Forte adoptou como propio en 1212, tras a vitoria dos reis cristiáns de Navarra, Castela e León, contra as tropas musulmás, sucedida nas Navas de Tolosa (actual provincia de Xaén), dentro da reconquista da península. As cadeas representarían ás que rodeaban a tenda do rei musulmán Miramamolín o Verde e que Sancho o Forte rompeu coa súa propia espada. E a esmeralda central representa a que o rei vencido levaba sobre o seu turbante.

Investigacións históricas máis recentes sinalan que a verdadeira orixe do escudo non se acha nas Navas de Tolosa nin orixinalmente se trataba de cadeas. Parece ser que a orixe está no selo real que adoptou o rei Teobaldo I de Champaña, sucesor de Sancho VII. No mesmo figuraba o rei dacabalo e portando un escudo blocado, é dicir, cunha bloca ou reforzo metálico nos bordos, en cruz e en aspa. Posteriormente interpretouse que o escudo representaba as armas do rei, como se fixo costume na heráldica posterior, e de aí pasouse a considerar que as armas do reino de Navarra consistían no escudo blocado ou nun carbunclo, con estética moi similar ao posterior, con cadeas. Co paso dos séculos a representación do escudo foi variando, e pasouse a compolo con barras, esferillas e cadeas. Na súa evolución final, atribuír a presenza das cadeas ás das Navas de Tolosa.

En 1910, preparando o sétimo centenario da batalla das Navas de Tolosa, a Deputación Foral aprobou o deseño do escudo e a Bandeira de Navarra realizado por Campión, Altadill e Olóriz, que ese mesmo ano aprobou a Deputación como modelo oficial, representando os elos das cadeas tal e como son os que aínda se conservan procedentes da batalla (as cadeas que figuran no escudo de España, con todo, responden a un deseño anterior, e por iso os seus elos non son alargados senón ovalados).

O escudo sufriu algunhas modificacións en 1931, coa proclamación da II República, (substitución da coroa real por outra). Posteriormente, durante o franquismo, engadiuse a Cruz Laureada de San Fernando, coa que se condecorou a Navarra polo seu papel protagonista durante a guerra civil do 36 a favor do chamado bando nacional. En 1981 recuperouse o deseño de 1910, retirándose a laureada.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]