Cripta da Colonia Güell: Diferenzas entre revisións
m elimino a Categoría:Patrimonio da Humanidade en España; engado a Categoría:Patrimonio da Humanidade en Cataluña mediante HotCat |
arranxo |
||
Liña 12: | Liña 12: | ||
}} |
}} |
||
A '''Igrexa da Colonia Güell''' é un [[edificio sen terminar|inacabado]] obra de [[Antoni Gaudí]]. Foi construído como un lugar de culto para o pobo nos arredores da zona industrial de [[Santa Coloma de Cervelló]], cerca de [[Barcelona]] ([[España]]). A Colonia Güell foi a creación do Conde [[Eusebi de Güell]], con todo, cando Güell morreu en 1918 os seus fillos abandonaron o proxecto, o diñeiro esgotouse e só |
A '''Igrexa da Colonia Güell''' é un [[edificio sen terminar|inacabado]] obra de [[Antoni Gaudí]]. Foi construído como un lugar de culto para o pobo nos arredores da zona industrial de [[Santa Coloma de Cervelló]], cerca de [[Barcelona]] ([[España]]). A Colonia Güell foi a creación do Conde [[Eusebi de Güell]], con todo, cando Güell morreu en 1918 os seus fillos abandonaron o proxecto, o diñeiro esgotouse e só se rematou a cripta da igrexa. |
||
== Deseño de Gaudí == |
== Deseño de Gaudí == |
Revisión como estaba o 19 de setembro de 2021 ás 13:58
Obras de Antoni Gaudí | |
---|---|
Cripta da Colonia Güell | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | |
Localización | 41°23′16″N 2°10′30″L / 41.38778, -2.17500 |
Tipo | Cultural |
Criterios | I, II, IV |
Inscrición | 2005 |
Rexión da UNESCO | Europa e América do Norte |
Identificador | 320-007 |
A Igrexa da Colonia Güell é un inacabado obra de Antoni Gaudí. Foi construído como un lugar de culto para o pobo nos arredores da zona industrial de Santa Coloma de Cervelló, cerca de Barcelona (España). A Colonia Güell foi a creación do Conde Eusebi de Güell, con todo, cando Güell morreu en 1918 os seus fillos abandonaron o proxecto, o diñeiro esgotouse e só se rematou a cripta da igrexa.
Deseño de Gaudí
A técnica que utilizou Gaudí para deseñar a igrexa foi colgar pequenas bolsas de perdigóns de cordas. A gravidade tiraría destas bolsas cara abaixo, dando unha distribución uniforme do peso e estirando as cordas para formar unha estrutura do modelo, mostrándolle así como terían que ser tanto as formas como os ángulos dos seus piares. Fotografaba o modelo, a continuación, dálle a volta a fotografía, e entón Gaudí podía ver o modelo, que debía mirar. Unha réplica do seu modelo para a cripta atópase no Museo baixo a Sagrada Familia en Barcelona.
Historia
O proxecto de colonia obreira ideado por Güell dispoñía de hospital, fonda, escolas, comercios, teatros, cooperativa e capela, ademais das fábricas e as vivendas dos obreiros, nunha superficie total dunhas 160 hectáreas.[1] Gaudí encargouse da planimetría do conxunto, para o que contou coa colaboración dos seus axudantes Francesc Berenguer, Joan Rubió e Josep Canaleta.
A que sería igrexa da Colonia foi proxectada por Gaudí en 1898, aínda que non se colocou a primeira pedra ata o 4 de outubro de 1908. Situouse no terreo dunha antiga masía coñecida como Can Soler de la Torre.[2] Lamentablemente, só construíuse a cripta, xa que á morte do conde Güell en 1918 os seus fillos abandonaron o proxecto. A cripta foi consagrada como tenencia parroquial o 3 de novembro de 1915 polo bispo de Barcelona, Enrique Reig Casanova, dedicándose ao Sagrado Corazón de Jesús.[3]
A cripta foi asaltada e incendiada o 19 de xullo de 1936, durante o transcurso da Guerra Civil, perdéndose numerosos planos e documentos deixados por Gaudí, así como a maqueta polifunicular orixinal. Destinada a almacén, en 1939 foi restaurada, converténdose en parroquia o 20 de xullo de 1955 coa bendición do bispo de Barcelona Gregorio Modrego[4].
Historia recente
En 2002 a cripta foi restaurada de novo pola Deputación de Barcelona e os ministerios de Cultura e Fomento, baixo a dirección do arquitecto Antoni González Moreno-Navarro. A intervención levada a cabo sufriu numerosas críticas por non respectar a vontade orixinal de Gaudí e por malograr numerosos elementos estruturais orixinais.[5] En 2005 a cripta da Colonia Güell foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.[6] Con todo presenta unha estrutura máis amable co turista, e agora os visitantes poden permanecer no teito, o que sería o chan da igrexa.
Galería de imáxenes
-
Vista exterior
-
Ventanais e campanario
-
Subpórtico de entrada á cripta
-
Pórtico
-
Dintel da entrada con decoración cerámica que representa as catro virtudes cardinais
-
Cruces no teito do pórtico
-
Interior da cripta
-
Vidreira con cristais de cores en forma de as de bolboreta
-
Columna inclinada de basalto de Castellfollit da Roca
-
Altar central
-
Altar dedicado á Virxe de Montserrat
-
Altar dedicado á Sagrada Familia
-
Bancos con reclinatorio deseñados por Gaudí
-
Pila de auga bendita., confeccionada cunha gran cuncha mariña procedente de Filipinas
Notas
- ↑ Bassegoda i Nonell 2002, pp. 240-241.
- ↑ Bassegoda i Nonell 1989, p. 365.
- ↑ Bassegoda i Nonell 2002, p. 243.
- ↑ Bassegoda i Nonell 2002, p. 244.
- ↑ Mª Del Mar Arnús. "¿Quién defiende a Gaudí?". Consultado o 18 de febreiro de 2012..
- ↑ "Sesión 29 del Comité del Patrimonio de la Humanidad de la UNESCO, p. 222" (PDF). Consultado o 18 de febreiro de 2012..
Véxase tamén
Ligazóns externas
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cripta da Colonia Güell |