Os doce traballos de Heracles: Diferenzas entre revisións
m Desambiguação assistida por bot: Hércules |
m Category->Categoría |
||
Liña 32: | Liña 32: | ||
[[ |
[[Categoría:Mitoloxía grega]] |
Revisión como estaba o 22 de novembro de 2007 ás 11:49
Heracles/Hércules
Heracles (máis coñecido polo seu nome romano Hércules) é o nome dun heroe mitolóxico grego.
O seu pai era Zeus quen, abraiado pola beleza de Alcmena, a muller de Anfitrión de Tebas, adquiriu a forma do seu esposo para enganala. Froito desa relación naceu Herácles.
A súa forza física sería a a súa característica física máis aprezada, demostrada xa desde pequeno ao afogar dúas serpes no berce.
Cando acadou a idade adulta matou ao León de Citerón e vestiuse coas súas peles.
Venceu aos minios que gravaban aos tebanos con un pesado tributo, o que lle asegurou a simpatía dos seus veciños que lle ofreceron como recompensa á princesa Mégera coa que casou.
Cando a princesa lle deu tres fillos, Hera, a esposa de Zeus que non esquecía ningunha ofensa, volveuno tolo temporalmente. Heracles, entón, matou a súa muller e fillos coas súas propias mans. E en penitencia por estes asasinatos acudiu ao seu primo Euristeo quen lle encargou os famosos doce traballos.
Os doce traballos de Hércules
Estes doce traballos eran teoricamente fazañas imposibles de realizar e nas que tamén se buscaba que o esforzado heroe encontrara a morte. Porén, vemos cómo foi capaz de executalas todas:
- Matou o león de Nemea, cuxa pel pasou a ser parte da indumentaria do heroe.
- Acabou coa Hidra de Lerna, monstro de múltiples cabezas que continuamente se rexeneraban.
- Capturou ao porco bravo de Erimanto.
- Capturou a cerva de Cerinea, traballo que o levou até o lonxano país dos Hiperbóreos.
- Acabou coas aves do lago Estinfalo, cuxas plumas eran frechas de bronce.
- Limpou os establos do rei Augias.
- Cazou o touro selvaxe de Creta.
- Domou as eguas de Diomedes, perigosas eguas antropófagas.
- Conseguiu o cinto da amazona Hipólita.
- Matou a Gerión e arrebatoulle o gando.
- Recolleitou as mazás das Hespérides.
- Atou o can Cerbero nos dominios subterráneos do inferno para liberar a Teseo.