Atalanta: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
SieBot (conversa | contribucións)
m robot Añadido: ca:Atalanta (mitologia)
XoseBot (conversa | contribucións)
m Category->Categoría
Liña 6: Liña 6:
Na versión [[beocia]], Atalanta é filla do rei [[Xoeneo]]. O seu pai quería casala, mais ela desexaba permanecer virxe, polo que argallou un plan para evitar o matrimonio: só tomaría como esposo aquel que conseguise vencela nunha carreira pedestre, e os que intentasen a proba e fracasasen serían executados. Así morreron moitos pretendentes. Non obstante, un día apareceu o mozo [[Hipomenes]] disposto a conseguir a man da princesa grazas á axuda de [[Afrodita]]. A deusa obséquiao coas tres [[mazá de ouro|mazás de ouro]] que [[Heracles]] roubara no [[xardín das Hespérides]]. Durante a carreira, Atalanta adiantou a Hipomenes en tres ocasións pero, en cada unha delas, o rapaz lanzaba unha das mazás por diante da sua opoñente que, chea de curiosidade, se agachaba para recollelas e era adiantada polo seu rival. Despois deste episodio, os recén casados cometeron un sacrilexio no templo de [[Démeter]], que os transformou en leóns e os xunguiu ó seu carro. Son os leóns da [[fonte da Cibeles]] en [[Madrid]].

[[Category:Mitoloxía grega]]
[[Categoría:Mitoloxía grega]]

[[bg:Аталанта]]
[[bg:Аталанта]]

Revisión como estaba o 22 de novembro de 2007 ás 04:54

Atalanta e Hipomenes, de Guido Reni.

Atalanta é unha personaxe da mitoloxía grega. Existen duas versións sobre a súa historia.

Na versión arcadiana, é filla de Iasos, rei do Peloponeso. Como Iasos desexaba un varón, enfureceuse cando soubo que tivera unha filla e decidiu expor a recén nada no bosque Pelión para que morrese. Mais, unha osa apiadouse da criatura e protexeuna até que uns pastores a recolleron para criala. Cos anos, Atalanta chegou a ser unha magnífica cazadora e distinguiuse especialmente na cacería do xabarín de Calidón. Como Artemisa, deusa tamén cazadora, Atalanta fixo voto de virxindade, de modo que polas súas frechas pereceron os centauros Hileo e Reco que intentaran abusar dela. Foi a única muller que formou parte da expedición dos argonautas.

Na versión beocia, Atalanta é filla do rei Xoeneo. O seu pai quería casala, mais ela desexaba permanecer virxe, polo que argallou un plan para evitar o matrimonio: só tomaría como esposo aquel que conseguise vencela nunha carreira pedestre, e os que intentasen a proba e fracasasen serían executados. Así morreron moitos pretendentes. Non obstante, un día apareceu o mozo Hipomenes disposto a conseguir a man da princesa grazas á axuda de Afrodita. A deusa obséquiao coas tres mazás de ouro que Heracles roubara no xardín das Hespérides. Durante a carreira, Atalanta adiantou a Hipomenes en tres ocasións pero, en cada unha delas, o rapaz lanzaba unha das mazás por diante da sua opoñente que, chea de curiosidade, se agachaba para recollelas e era adiantada polo seu rival. Despois deste episodio, os recén casados cometeron un sacrilexio no templo de Démeter, que os transformou en leóns e os xunguiu ó seu carro. Son os leóns da fonte da Cibeles en Madrid.