Fusion: Diferenzas entre revisións
m →Outros artigos: +control autoridades using AWB |
m Bot: Substitución automática de texto (-Sudamérica +Suramérica) |
||
Liña 5: | Liña 5: | ||
A fusión é tipicamente instrumental, adoito con [[Compás (música)|compases]] e [[ritmo]]s complexos e temas moi longos, incluíndo longas [[improvisación]]s. Moitos dos máis eminentes músicos de fusión combinan un grande virtuosismo con complexas composicións e a improvisación en métricas raramente vistas noutras formais musicais occidentais. Entre compositores de jazz máis recoñecidos neste estilo atópanse [[Dave Brubeck]] e [[Don Ellis]]. |
A fusión é tipicamente instrumental, adoito con [[Compás (música)|compases]] e [[ritmo]]s complexos e temas moi longos, incluíndo longas [[improvisación]]s. Moitos dos máis eminentes músicos de fusión combinan un grande virtuosismo con complexas composicións e a improvisación en métricas raramente vistas noutras formais musicais occidentais. Entre compositores de jazz máis recoñecidos neste estilo atópanse [[Dave Brubeck]] e [[Don Ellis]]. |
||
A fusión non recibe moita difusión nos medios tradicionais, posiblemente debido á súa complexidade, á falta de voces e á lonxitude usual dos temas. Aínda así no Xapón, |
A fusión non recibe moita difusión nos medios tradicionais, posiblemente debido á súa complexidade, á falta de voces e á lonxitude usual dos temas. Aínda así no Xapón, Suramérica e, sobre todo, en Europa ten moita máis acollida do que en Norteamérica (onde é máis comunmente coñecido coma ''jazz rock''). |
||
== Véxase tamén == |
== Véxase tamén == |
Revisión actual feita o 4 de maio de 2020 ás 18:36
A fusion (ou jazz-rock fusion ou jazz fusion) é un xénero musical que mestura elementos do jazz con outros estilos musicais, particularmente rock, funk, R&B, música electrónica e músicas folclóricas. Os álbums de fusión (incluso os feitos polo mesmo artista) acostuman incluír varios destes estilos musicais.
A finais dos 1960, os músicos de jazz comezaron a mesturar as formas e as técnicas interpretativas do jazz cos instrumentos eléctricos do rock e os ritmos do soul e o R&B. Ó mesmo tempo, algúns artistas de rock comezaron a incluír elementos do jazz á súa música. Os 70 foron a década da fusión, mais o estilo seguiu vivo até hoxe. Máis ca coma un estilo musical codificado, a fusión pode verse coma unha tradición ou aproximación musical. A unha parte do rock progresivo tamén se lle chama fusión.
A fusión é tipicamente instrumental, adoito con compases e ritmos complexos e temas moi longos, incluíndo longas improvisacións. Moitos dos máis eminentes músicos de fusión combinan un grande virtuosismo con complexas composicións e a improvisación en métricas raramente vistas noutras formais musicais occidentais. Entre compositores de jazz máis recoñecidos neste estilo atópanse Dave Brubeck e Don Ellis.
A fusión non recibe moita difusión nos medios tradicionais, posiblemente debido á súa complexidade, á falta de voces e á lonxitude usual dos temas. Aínda así no Xapón, Suramérica e, sobre todo, en Europa ten moita máis acollida do que en Norteamérica (onde é máis comunmente coñecido coma jazz rock).