Bernardino Rivadavia: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
Sen resumo de edición |
||
Liña 11: | Liña 11: | ||
Durante o seu goberno criáronse diversos museos locais e o [[Museo Argentino de Ciencias Naturales]], a Biblioteca Nacional e a Universidade seguindo o novo lema nacional de “paz, organización e progreso”. O seu goberno enfrontou diversos problemas, basicamente referentes á guerra contra o [[Brasil]], na disputa polo provincia [[Cisplatina]], actual [[Uruguai]]. |
Durante o seu goberno criáronse diversos museos locais e o [[Museo Argentino de Ciencias Naturales]], a Biblioteca Nacional e a Universidade seguindo o novo lema nacional de “paz, organización e progreso”. O seu goberno enfrontou diversos problemas, basicamente referentes á guerra contra o [[Brasil]], na disputa polo provincia [[Cisplatina]], actual [[Uruguai]]. |
||
Destacou a súa reforma eclesiástica, a expansión de fronteiras e a lei de [[enfiteusis]], que intentou promover a colonización, así como o debate sobre o |
Destacou a súa reforma eclesiástica, a expansión de fronteiras e a lei de [[enfiteusis]], que intentou promover a colonización, así como o debate sobre o usuario contrato de débeda pública coa banca británica Baring. Como unionista capitalizou a cidade de [[Buenos Aires]] e dividiu a provincia en tres parcelas, arrebatando as rentas do porto á clase dominante da provincia bonaerense, os Terrero, os Rosas e os Anchorena, o que desatou a enemistade pública cos federalistas <ref>[https://www.raco.cat/index.php/TiemposAmerica/article/viewFile/105618/163924 "Bernardino Rivadavia"{{en}}]</ref> Culminando en [[1828]. Culmina co levantamento do xeneral Lavalle que derroca ao gobernador federal de [[Buenos Aires]] en [[1828]]. Un ano antes ,en [[1827]], Rivadavia renuncia ao goberno e exilíase na Europa. |
||
Morreu en [[Cádiz]] aos 65 anos. |
Morreu en [[Cádiz]] aos 65 anos. |
Revisión como estaba o 1 de outubro de 2019 ás 12:57
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de maio de 1780 Buenos Aires, Arxentina |
Morte | 2 de setembro de 1845 (65 anos) Cádiz, España |
1º Presidente da Nación Arxentina | |
8 de febreiro de 1826 – 27 de xuño de 1827 ← Juan Gregorio de las Heras (pt) – Vicente López y Planes (pt) → | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Arxentina |
Educación | Colegio Nacional de Buenos Aires (en) |
Actividade | |
Lugar de traballo | Buenos Aires |
Ocupación | político , diplomático |
Partido político | Partido Unitário (pt) |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Cónxuxe | Juana del Pino |
Pai | Benito Rivadavia |
Irmáns | Santiago Rivadavia (en) |
Bernardino de la Trinidad González de Rivadavia, foi o primeiro presidente da Arxentina. Naceu o 20 de maio de 1780 en Buenos Aires e morreu en Cádiz o 2 de setembro de 1845.
Traxectoria
Era fillo de Benito Bernardino González de Rivadavia, avogado e comerciante en Buenos Aires e natural de Monforte de Lemos. A súa nai, María Josefa de Jesús Rivadavia Rivadeneira, nada en Buenos Aires o 13 de xaneiro de 1755, era filla de José Antonio Rivadavia Díaz, tamén de Monforte, e de María Feliciana Rivadeneira Domínguez, filla á súa vez de Antonio Rivadeneira Pérez de Novoa, natural de Camariñas, e de María Domínguez Basurto, cuxo pai nacera en Cádiz.[1]
Durante as invasións inglesas 1806 participou como tenente no Tercio de Gallegos. Entre 1811 e 1826 ocupou diferentes cargos como o de Secretario da Xunta ou cabeza do triunvirato liderando o movemento independentista de España (mais sendo acusado nas divisións internas dos Tercios de "españolista"[2]), organizando a milicia, eliminando os organismos censores da prensa e cesando o tráfico de esclavos, estando en máis de unha ocasión exiliado. Exerceu diferentes misións diplomáticas en Europa e en 1826 foi electo o primeiro presidente da Arxentina. [3]
Goberno
Durante o seu goberno criáronse diversos museos locais e o Museo Argentino de Ciencias Naturales, a Biblioteca Nacional e a Universidade seguindo o novo lema nacional de “paz, organización e progreso”. O seu goberno enfrontou diversos problemas, basicamente referentes á guerra contra o Brasil, na disputa polo provincia Cisplatina, actual Uruguai.
Destacou a súa reforma eclesiástica, a expansión de fronteiras e a lei de enfiteusis, que intentou promover a colonización, así como o debate sobre o usuario contrato de débeda pública coa banca británica Baring. Como unionista capitalizou a cidade de Buenos Aires e dividiu a provincia en tres parcelas, arrebatando as rentas do porto á clase dominante da provincia bonaerense, os Terrero, os Rosas e os Anchorena, o que desatou a enemistade pública cos federalistas [4] Culminando en [[1828]. Culmina co levantamento do xeneral Lavalle que derroca ao gobernador federal de Buenos Aires en 1828. Un ano antes ,en 1827, Rivadavia renuncia ao goberno e exilíase na Europa.
Morreu en Cádiz aos 65 anos.
Notas
- ↑ Pertiné, Julio (1975). ge (h),Revista del Instituto Argentino de Ciencias Genealógicas. Los Urien.
- ↑ ["Bernardino Rivadavia"(en inglés)]
- ↑ ["Bernardino Rivadavia"(en inglés)]
- ↑ "Bernardino Rivadavia"(en inglés)