Comunidade intencional: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Lles (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Lles (conversa | contribucións)
Liña 19: Liña 19:
* [[Cohousing]]
* [[Cohousing]]


[[Categoría:Organizacións]]
[[Categoría:Organizacións de vivenda]]

Revisión como estaba o 7 de agosto de 2019 ás 08:19

Comunidade intencional, tamén coñecida por asociativismo voluntario, primeiramente apuntada por Charles Fourier na constitución das comunidades intencionais coñecidas como falansterios, é considerada unha práctica libertaria e por algúns como unha forma de activismo, que procura crear espazos e comunidades autónomas, cuxo obxectivo principal é demostrar a posibilidade do anarquismo en canto práctica cotiá. Sitúanse principalmente fóra dos centros urbanos, aínda que tamén dentro.

Pode ser tamén, simplemente, denominado comunalismo e ten orixes anteriores en comunidades cristiás, que tamén se autodenominan comunistas, aínda que estivesen moi distantes dos conceptos marxistas de inicios do século XXI e moi próximas dos conceptos do anarquismo, practicamente idénticos aos seus, a non ser en relación á crenza relixiosa.

Falansterio

Falansterio era a denominación das comunidades intencionais idealizadas polo filósofo francés Charles Fourier. Consistían en grandes construcións comunais que reflectirían unha organización harmónica e descentralizada onde cada un traballaría conforme ás súas paixóns e vocacións.

Orixe

Máis que ningún outro pensador do seu tempo, Charles Fourier tratou de resolver todos os problemas da sociedade a través da elaboración dun complexo sistema de organización social no cal toda persoa, actividade ou cousa ocupaba anticipadamente un lugar ben determinado. Fourier partía da crenza de que o ser humano é intrinsecamente bo, porque é o depositario dunha harmonía natural que reflicte a propia harmonía do universo. O problema residía na sociedade existente, que impedía o desenvolvemento completamente libre das calidades do ser humano.

Nos inicios do século XXI

En outubro de 2015, un censo feito pola "Fellowship for Intentional Community", indicaba a existencia de 2.717 comunidades intencionais en todo o mundo, das cales 463 serían ecoaldeas.[1][2]

Notas

  1. Ecovilas e Comunidades no Brasil, consultado o 28 de setembro de 2016
  2. Communities by Country, en inglés, consultado o 28 de setembro de 2016

Véxase tamén

Outros artigos