Alba Flores: Diferenzas entre revisións
grabar > gravar |
|||
Liña 2: | Liña 2: | ||
'''Alba González Villa''', nada en [[Madrid]] o [[27 de outubro]] de [[1986]], é unha actriz española, máis coñecida polo seu nome artístico '''Alba Flores'''. É coñecida por interpretar os personaxes de Saray en ''Vis a vis'' e Nairobi en ''La casa de papel''. |
'''Alba González Villa''', nada en [[Madrid]] o [[27 de outubro]] de [[1986]], é unha actriz española, máis coñecida polo seu nome artístico '''Alba Flores'''. É coñecida por interpretar os personaxes de Saray en ''Vis a vis'' e Nairobi en ''La casa de papel''. |
||
==Traxectoria== |
==Traxectoria== |
||
Alba Flores é a única filla do músico e compositor [[Antonio Flores]], quen lle dedicou unha canción co seu nome, e Ana Villa, produtora de teatro. Á súa vez é neta de Lola Flores, sobriña das tamén cantantes [[Lolita Flores]] e [[Rosario Flores]] e |
Alba Flores é a única filla do músico e compositor [[Antonio Flores]], quen lle dedicou unha canción co seu nome, e Ana Villa, produtora de teatro. Á súa vez é neta de Lola Flores, sobriña das tamén cantantes [[Lolita Flores]] e [[Rosario Flores]] e curmá da actriz [[Elena Furiase]]. |
||
Estudou interpretación dende os trece anos de idade, deixando nun segundo plano a faceta musical dos seus ascendentes. Na súa curta vida coma actriz realizou numerosas obras, aínda que as máis trascendentes a nivel dos medios son ''Luna de miel en Hiroshima'' (2005) e a versión xitana de ''Sueño de una noche de verano'' (2007). |
Estudou interpretación dende os trece anos de idade, deixando nun segundo plano a faceta musical dos seus ascendentes. Na súa curta vida coma actriz realizou numerosas obras, aínda que as máis trascendentes a nivel dos medios son ''Luna de miel en Hiroshima'' (2005) e a versión xitana de ''Sueño de una noche de verano'' (2007). |
Revisión como estaba o 15 de abril de 2019 ás 11:33
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Alba González Villa 27 de outubro de 1986 (37 anos) Madrid, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | actriz , directora de cinema |
Período de actividade | 2004 - |
Lingua | Lingua castelá |
|
Alba González Villa, nada en Madrid o 27 de outubro de 1986, é unha actriz española, máis coñecida polo seu nome artístico Alba Flores. É coñecida por interpretar os personaxes de Saray en Vis a vis e Nairobi en La casa de papel.
Traxectoria
Alba Flores é a única filla do músico e compositor Antonio Flores, quen lle dedicou unha canción co seu nome, e Ana Villa, produtora de teatro. Á súa vez é neta de Lola Flores, sobriña das tamén cantantes Lolita Flores e Rosario Flores e curmá da actriz Elena Furiase.
Estudou interpretación dende os trece anos de idade, deixando nun segundo plano a faceta musical dos seus ascendentes. Na súa curta vida coma actriz realizou numerosas obras, aínda que as máis trascendentes a nivel dos medios son Luna de miel en Hiroshima (2005) e a versión xitana de Sueño de una noche de verano (2007).
Debutou no cine coa película El Calentito (2005), de Chus Gutiérrez, con Verónica Sánchez, Ruth Díaz, Macarena Gómez, Estíbaliz Gabilondo e Lluvia Rojo entre outros intérpretes.
En televisión participou nun episodio da serie El comisario, no ano 2006. En 2008, conseguiu un papel na serie de Antena 3 TV El síndrome de Ulises. A finais dese mesmo ano comenzou o musical Enamorados anónimos.
En 2009 gravou o tema do seu pai No puedo enamorarme de ti, para a banda sonora da película de Roberto Santiago Al final del camino, protagonizada por Malena Alterio e Fernando Tejero.
En 2013 estrenou na cadea Antena 3 a serie El tiempo entre costuras, na que dá vida á personaxe de Jámila. En 2014 participou nun capítulo da serie de TVE Cuéntame cómo pasó coma Chelo, unha importante testigo dunha trama de policías corruptos. En 2015 pasou a formar parte da nova serie de Antena 3 Vis a vis, onde interpreta a Saray Vargas, unha xove de etnia xitana que se enfronta a unha pena de 4 anos de cárcere por asalto con violencia.
O 25 de abril de 2017 apareceu xunto a Úrsula Corberó no programa de televisión El hormiguero para promocionar o seu último proxecto, La casa de papel, que se estreou o 2 de maio de 2017.
Cine
Ano | Película | Director |
---|---|---|
2005 | El calentito | Chus Gutiérrez |
2015 | La memoria del agua | Matías Bize |
Teatro
Ano | Obra | Autor | Director |
---|---|---|---|
2016 | La rosa tatuada | Tennessee Williams | Carme Portaceli |
2016 | Drac Pack | Najwa Nimri, Emilio Tomé e Carlos Dorrego | Fernando Soto |
2017 | Troyanas | Eurípides, versión de Alberto Conejero | Carme Portaceli |
Series de televisión
Ano | Serie | Personaxe | Episodios |
---|---|---|---|
2006 | El comisario | Sohara | 1 episodio |
2008 | El síndrome de Ulises | Arabia Salazar | 1 episodio |
2013 | El tiempo entre costuras | Jámila | 5 episodios |
2014 | Cuéntame cómo pasó | Chelo | 1 episodio |
2015-2016, 2018-¿? | Vis a vis | Saray Vargas | 32 (+8 confirmados) |
2017, 2019 | La casa de papel | Ágata Jiménez "Nairobi" | 15 (+¿? confirmados) |
Premios
- Premios Ondas
Ano | Categoría | Película | Resultado |
---|---|---|---|
2015 | Mellor intérprete feminino en ficción (ex aequo elenco femenino) | Vis a vis | Gañadora |
- Premios da Unión de Actores
Ano | Categoría | Película | Resultado |
---|---|---|---|
2015 | Mellor actriz secundaria de televisión | Vis a vis | Nomeada |
- Premios Feroz
Ano | Categoría | Película | Resultado |
---|---|---|---|
2016 | Mellor actriz secundaria nunha serie | Vis a vis | Nomeada |
2017 | Mellor actriz secundaria nunha serie | La casa de papel | Gañadora |