Banco Nacional de Polonia: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Liña 26: Liña 26:


[[Categoría:Economía de Polonia]]
[[Categoría:Economía de Polonia]]
[[Categoría:Bancos e caixas de aforro]]
[[Categoría:Bancos centrais|Polonia]]
[[Categoría:Bancos centrais|Polonia]]

Revisión como estaba o 8 de febreiro de 2019 ás 16:36

O Banco Nacional de Polonia (en polaco: Narodowy Bank Polski) é o banco central da República de Polonia. Encárgase de controlar a cuñaxe e a circulación da moeda polaca, o złoty. A sede central do Banco atópase en Varsovia, pero ten sucursais na maioría das cidades de Polonia.

O BNP representa a Polonia no Sistema Europeo de Bancos Centrais, unha organización dentro da UE.

Historia

A pesar de que o banco baixo o seu actual nome existe desde 1945, esta entidade é continuadora de bancos centrais previos que houbo por Polonia, chamados simplemente Banco de Polonia (Bank Polski). O primeiro foi fundado en Varsovia en 1828 polo Duque Franciszek Ksawery Drucki-Lubecki. Era unha institución do goberno do Reino de Polonia designada para a cuñaxe da moeda polaca así como para o control dos tipos de xuro. Foi tamén designada coa concesión de operar con divisa estranxeira e para a compra de títulos de compañías e bancos estranxeiros.

Ksawery Drucki-Lubecki, fundador do primeiro banco central de Polonia.
Moeda de 5 złoty cuñada durante o levantamento de novembro de 1830.

Edificios do Banco Nacional de Polonia

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas