Filipe Bidart: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Introduciendo ficha
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
{{Biografía}}
{{Sen referencias|data=novembro de 2018}}
{{Sen referencias|data=novembro de 2018}}
{{formatoWiki}}
{{formatoWiki}}

Revisión como estaba o 5 de novembro de 2018 ás 10:08

Modelo:InfmilitanteilegalFilipe Bidart ou Philippe Bidart, alias Patxi (nado no val de Baigorri, Baixa Navarra, en 1953), é un líder histórico e fundador da organización Iparretarrak ("Os do Norte"), de ideoloxía independentista vasca e marxista hoxe en día disolta. O seu brazo dereito en IK era Gabriel Mouesca, actual presidente do Observatorio Internacional de Prisións.

Bidart naceu no val de Baigorri, no País Vasco francés. Estudou nun seminario, aínda que non chegou a ordenarse. Posteriormente foi profesor dunha ikastola antes de fundar, en 1973, a organización Iparretarrak, que foi ilegalizada o 17 de xullo de 1987 polas autoridades francesas. A organización atribuíuse unhas 150 accións violentas e atentados, nos que se produciron varias mortes. En 1982, Bidart pasou á clandestinidade.

En 1982 participou no asasinato de dous policías CRS (antidisturbios) en Baigorri, que montaran un control de estrada rutineiro. En 1987 tomou parte no asasinato dun xendarme en Biscarrosse (Aquitania) en circunstancias semellantes.

Bidart foi detido na noite do 19 ao 20 de febreiro en Boucau, xunto co tamén membro de IK Totte Etcheveste, que está en cadeira de rodas tras ser alcanzado por un disparo na columna vertebral durante o tiroteo con axentes de policía que precedeu á detención. Permaneceu illado durante 25 meses no cárcere de La Santé. Foi condenado en 1992 e 1993 pola sala XVI do Tribunal Correccional de París a dúas cadeas perpetuas polos asasinatos nos que estivo implicado. En 2000, ademais, foi sentenciado a 20 anos de prisión por ter participado nun tiroteo n'As Landas, en 1983, no que morreu un xendarme e un militante de IK (Popo Larre) resultou desaparecido, seguindo aínda hoxe en paradeiro descoñecido.

Estivo case 19 anos en prisión, internado na cárcere de máxima seguridade de Clairvaux, no nordés de Francia. O 1 de febreiro de 2007, o Tribunal de Apelacións de París estableceu que se daban todas as condicións xurídicas previstas pola lei para a concesión da liberdade condicional, saíndo do cárcere o 14 de febreiro. En 2003 Bidart cumprira o chamado "período de seguridade" (tempo mínimo de reclusión antes de poder aspirar á liberdade condicional). A súa excarceración ten sido recorrida en casación pola fiscalía [cando?].

Trala súa saída do cárcere, Bidart milita no partido independentista vasco Abertzaleen Batasuna.

Ligazóns externas