Misterio de Elx: Diferenzas entre revisións
m →Ligazóns externas: +control autoridades using AWB |
Sen resumo de edición Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil |
||
Liña 1: | Liña 1: | ||
[[Ficheiro:Misterio_de_Elche,_La_Mangrana.JPG|200px|miniatura|Descenso do Anxo]] |
[[Ficheiro:Misterio_de_Elche,_La_Mangrana.JPG|200px|miniatura|Descenso do Anxo]] |
||
O '''Misterio de Elx''' (''Misteri d'Elx'' en [[ |
O '''Misterio de Elx''' (''Misteri d'Elx'' en [[catalán]]) é un [[drama]] sacro-lírico relixioso que recrea a [[Durmición de María|Durmición]], [[Asunción de María|Asunción]] e [[Coroación de María|Coroación]] da [[Virxe María]]. Dividida en dous actos ou xornadas, a obra escenifícase cada [[14 de agosto|14]] e [[15 de agosto]] no interior da [[Basílica Menor de Santa María de Elx|Basílica de Santa María]], na cidade de [[Elx]] ([[Provincia de Alacant|Alacant]]). |
||
Investigacións recentes sitúan a orixe da devandita obra en torno á segunda metade do [[século XV]], contradicindo así ás tradicións locais, que a relacionan, por unha parte, coa conquista do Elx musulmán ([[1265]]) e, por outra, co achado da imaxe da Virxe, dentro dunha arca de madeira, o [[29 de decembro]] de [[1370]], na próxima localidade costeira de [[Santa Pola]]. |
Investigacións recentes sitúan a orixe da devandita obra en torno á segunda metade do [[século XV]], contradicindo así ás tradicións locais, que a relacionan, por unha parte, coa conquista do Elx musulmán ([[1265]]) e, por outra, co achado da imaxe da Virxe, dentro dunha arca de madeira, o [[29 de decembro]] de [[1370]], na próxima localidade costeira de [[Santa Pola]]. |
Revisión como estaba o 3 de novembro de 2018 ás 10:32
O Misterio de Elx (Misteri d'Elx en catalán) é un drama sacro-lírico relixioso que recrea a Durmición, Asunción e Coroación da Virxe María. Dividida en dous actos ou xornadas, a obra escenifícase cada 14 e 15 de agosto no interior da Basílica de Santa María, na cidade de Elx (Alacant).
Investigacións recentes sitúan a orixe da devandita obra en torno á segunda metade do século XV, contradicindo así ás tradicións locais, que a relacionan, por unha parte, coa conquista do Elx musulmán (1265) e, por outra, co achado da imaxe da Virxe, dentro dunha arca de madeira, o 29 de decembro de 1370, na próxima localidade costeira de Santa Pola.
Trátase da única obra no seu xénero que foi representada sen interrupción ata a actualidade, superando mesmo o impedimento que supuxo a prohibición de representar obras teatrais no interior das igrexas por parte do Concilio de Trento. Foi o Papa Urbano VIII quen, en 1632, concedeu ao pobo de Elx, a través dun rescrito pontificio, o permiso para continuar coa devandita representación, contra o intento de prohibición do bispo de Orihuela.
Todos e cada un dos personaxes son representados por varóns, tratando de respectar así a orixe litúrxico-medieval desta, que vetaba expresamente a aparición de mulleres neste tipo de representacións. O texto do Misteri, a excepción dalgúns versos en latín, está escrito en valenciano antigo. A música é unha amálgama de estilos de diferentes épocas que inclúen motivos do Medievo, do Barroco e do Renacemento.
A festividade recibiu numerosas condecoracións e recoñecementos, entre os que destaca a declaración o 18 de maio de 2001 como Obra Mestra do Patrimonio Oral e Inmaterial da Humanidade por parte da Unesco.
Véxase tamén
Ligazóns externas
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Misterio de Elx |