Asociación de Internautas: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 9: Liña 9:


[[Categoría:Internet]]
[[Categoría:Internet]]
[[Categoría:Asociacións de España]]

Revisión como estaba o 23 de outubro de 2018 ás 08:55

A Asociación de Internautas é unha organización de usuarios de internet e telecomunicacións de España, fundada o 10 de outubro de 1998 a partir de varias organizacións: Fronteras Electrónicas-FrEE, Grupo Tarifa Plana, Plataforma La Huelga, Plataforma Tarifa Plana co obxectivo de acadar unha tarifa plana universal e asequible para o uso da rede telefónica básica nas comunicacións e conexións a Internet ou de calquera outra rede de similares características, existente o que se poidera crear.

Nas súas orixes o obxectivo era acadar que primeiramente Telefónica, como operador dominante, ofrecese un prezo fixo para conectarse a internet. Unha cota que non dependese do tempo de conexión como se estaba facer ata entón en que se cobraba por minuto de conexión, como as chamadas telefónicas de voz. A chegada de outros operadores ao mercado fixo que esta reivindicación se ampliase e a popularización do uso de internet levou á Asociación de Internautas á defensa dos intereses dos usuarios de internet fronte a organizacións de dereitos de autor como a SGAE.

Notas