Asociación de Internautas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Asociación de Internautas
Tipoasociación
Data de fundación10 de outubro de 1998
PaísEspaña
editar datos en Wikidata ]

A Asociación de Internautas é unha organización de usuarios de Internet e telecomunicacións de España, fundada o 10 de outubro de 1998 a partir de varias organizacións: Fronteras Electrónicas-FrEE, Grupo Tarifa Plana, Plataforma La Huelga, Plataforma Tarifa Plana co obxectivo de acadar unha tarifa plana universal e accesible para o uso da rede telefónica básica nas comunicacións e conexións a Internet ou de calquera outra rede de similares características, existente ou que se puidese crear. Nas súas orixes o obxectivo era acadar que primeiramente Telefónica, como operador dominante, ofrecese un prezo fixo para conectarse a Internet. Unha cota que non dependese do tempo de conexión como se estaba facer ata entón en que se cobraba por minuto de conexión, como as chamadas telefónicas de voz. A chegada doutros operadores ao mercado fixo que esta reivindicación se ampliase e a popularización do uso de Internet levou á Asociación de Internautas á defensa dos intereses dos usuarios de Internet fronte a organizacións de dereitos de autor como a SGAE.

Notas[editar | editar a fonte]