Partido Demócrata (Estados Unidos de América): Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
m →‎top: Bot: Arranxos varios
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 28 de xuño de 2018 ás 09:30

Partido Demócrata
Partido político Partido Demócrata (Democratic Party)
Ano fundación 1820 (moderno) 1792 (histórico)
Ideoloxía Liberalismo, Progresismo
Posición Centroesquerda, centro
Sede 430 South Capitol Street SE Washington, D.C. 20003
Ámbito Estados Unidos
Afiliación Internacional Ningunha
Secretario Howard Dean
Candidato ao Senado Harry Reid
Candidatos ao Congreso Nancy Pelosi(portavoce)

Steny Hoyer(líder da maioría)

Web do partido www.democrats.org

O Partido Demócrata é unha das dúas forzas políticas máis importantes dos Estados Unidos de América xunto co Partido Republicano. Actualmente é o principal partido da oposición ao actual presidente, o republicano George W. Bush. Nas últimas eleccións á Cámara de Representantes e ao Senado, celebradas o 7 de novembro de 2006, os demócratas obtiveron unha axustada vitoria que lles deu o control destas dúas cámaras.

Logo das eleccións do 2008, celebradas o 4 de novembro de 2008, o Partido Demócrata pasará tamén a asumir o Goberno.

O seu símbolo é un burro, xeralmente representado en cores vermello e azul. Este último é considerado a cor oficial do Partido Demócrata, xa que é a cor coa que aparecen os estados dos Estados Unidos de América nos que gaña este partido político.