Carta de Xamaica: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 8: Liña 8:


{{Control de autoridades}}
{{Control de autoridades}}

[[Categoría:Historia de Venezuela]]

Revisión como estaba o 20 de marzo de 2018 ás 12:11

Simón Bolívar por José Gil de Castro.

A Carta de Xamaica é un texto escrito polo político e militar venezolano Simón Bolívar o 6 de setembro de 1815 en Kingston, capital da colonia británica de Xamaica, en resposta a unha misiva de Henry Cullen, un comerciante xamaicano de orixe británica residente en Falmouth, preto de Montego Bay. Bolívar expuxo as razóns que provocaron a caída da Segunda República no contexto da independencia de Venezuela. A carta, cuxo título era Contestación dun Americano Meridional a un cabaleiro desta Illa, pretendía atraer a Reino Unido e ó resto de potencias europeas cara á causa dos patriotas independentistas americanos.[1] A edición en inglés da carta tivo o título A friend e, en castelán, «Un caballero de esta isla». O orixinal máis antigo que se coñecía é o manuscrito borrador da versión inglesa conservado no Arquivo Xeral da Nación (Bogotá), no fondo Secretaría de Guerra e Mariña, volume 323. A primeira publicación coñecida da Carta en castelán apareceu impresa en 1833, no volume XXI, Apéndice, da Colección de documentos relativos a la vida pública del Libertador, compilada por Francisco Javier Yánez e Cristóbal Mendoza.

Non se puido localizar o manuscrito orixinal castelán nin se coñecía copia algunha entre 1815 e 1883, agás as dúas publicadas en inglés de 1818 e 1825, ata que o 4 de novembro de 2014 o presidente de Venezuela, Nicolás Maduro, informou o achado nun arquivo situado en Ecuador do manuscrito orixinal en lingua castelá do documento.[2]

Notas