Stevie Chalmers: Diferenzas entre revisións
m robot Añadido: de:Stevie Chalmers |
m Retiro categoria redundante |
||
Liña 32: | Liña 32: | ||
[[Category:Futbolistas escoceses|Chalmers, Stevie]] |
[[Category:Futbolistas escoceses|Chalmers, Stevie]] |
||
[[Category:Futbolistas]] |
|||
[[de:Stevie Chalmers]] |
[[de:Stevie Chalmers]] |
Revisión como estaba o 11 de setembro de 2007 ás 12:54
Steve Chalmers (Glasgow, Escocia, 26 de decembro de 1936 - ) foi un xogador de fútbol que ocupaba a demarcación de dianteiro centro e que destacou pola súa colaboración no fito máis importante do Celtic ó ser un dos integrantes daqueles Lisbon Lions que conseguiron a Copa de Europa no 1967.
Este xogador chegou a Celtic Park en febreiro de 1959 e dende aquel preciso intre vestiu a camisola do clube en 406 ocasións logrando 228 goles sendo, sen lugar ás dúbidas, o máis salientable o acadado na final daquela Copa de Europa do 1967 que supuña o 2-1 prós escoceses e que sería definitivo pra outorgárlle-lo cetro máis prestixioso a nivel europeo. Tamén tivo grande sona o seu hat-trick conseguido na segunda metade dun Old Firm contra os eternos rivais, o Rangers, nun 3 de xaneiro do 1966.
Para a Selección escocesa de fútbol xogou en 5 ocasións logrando 3 goles salientando o tanto que acadou nun amigable fronte a Brasil en 1966 que rematou en táboas (1-1) en terreo escocés.
O seu fillo Paul Chalmers tamén chegou a xogar no Celtic anos despois.