Île de la Cité: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Creada como tradución da páxina "Isla de la Cité"
 
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 17: Liña 17:
* A Conciergerie.
* A Conciergerie.


== Referencias ==
== Notas ==
{{Listaref}}
{{Listaref}}

{{Control de autoridades}}

[[Categoría:París]]
[[Categoría:Patrimonio da Humanidade en Francia]]
[[Categoría:Patrimonio da Humanidade en Francia]]

Revisión como estaba o 4 de marzo de 2018 ás 18:25

A Illa da Cidade (en francés: Île de la Cité ou Illa do Asentamento) atópase no medio do río Sena, no corazón da cidade de París, Francia. É considerada como o antigo centro da cidade de París. Atópase nos actuais distritos I e IV. Gui de Bazoches evocábaa en 1190 como «a cabeza, o corazón e a medula de París». A súa superficie é de arredor de 22,5 ha. O 1 de xaneiro de 2007 tiña 1168 habitantes na illa.

Historia

Imaxe de 1771.

Berce de París

A tribo estivo habitada por unha tribo gala chamada os parisii vivía na illa desde 250 antes de Cristo. A zona era rica en pesca e en caza e o acceso dun lado a outro do Sena era máis fácil grazas á estreiteza do río. Dúas pasarelas de madeira prolongaban o camiño natural norte-sur, que descendía do monte da Chapelle e ía cara ao outeiro de Santa Xenoveva, permitindo así evitar as moitas marismas do redor. En 52 a. C., en tempos da loita entre Vercinxétorix e Xulio César, os parisii vivían efectivamente nos arredores da illa.

Pero hoxe en día, os historiadores inclínanse máis ben por outras hipóteses. En efecto, os parisii poderían perfectamente instalarse máis lonxe, na desembocadura do Río Bièvre (afluente do Sena), ou ben sobre outra illa actualmente desaparecida, mesmo sobre a península formada pola desembocadura do Bièvre, na beira esquerda do río (rive gauche).

Toda esta zona de París era inundable ou pantanosa, como a zona logo chamada Le Marais ('A Marisma'), e a propia illa alagouse completamente en data tan tardía como o ano 1197.[1]

Monumentos

Tres edificacións da época medieval permanecen aínda sobre a illa de la Cité :

Notas

  1. DUTOUR, THIERRY (2003), La ciudad medieval. Orígenes y triunfo de la Europa urbana. — Paidós, Buenos Aires, 2005, pág. 62. ISBN 950-12-5043-1