Novo Mundo: Diferenzas entre revisións
m Unhanova moveu a páxina "Usuario:Unhanova/Novo Mundo" a "Unhanova/Novo Mundo" |
m Unhanova moveu a páxina "Unhanova/Novo Mundo" a "Novo Mundo" |
(Sen diferenzas.)
|
Revisión como estaba o 6 de novembro de 2017 ás 10:50
Novo Mundo é un dos nomes dados ao hemisferio occidental, máis especificamente ao continente americano. O termo ten as súas orixes nos finais do século XV en razón do descubrimento de América por Cristovo Colón.
O descubrimento deste novo continente expandiu o horizonte xeográfico dos europeos que até entón consideraban a Europa, a África e a Asia como os únicos constituintes do Mundo. En contraste co Novo Mundo, os continentes europeo, africano e asiático formaban o Vello Mundo. Á súa vez, a Oceanía descuberta algúns séculos despois, ficou coñecida como Novísimo Mundo.
Orixe do nome
Pedro Mártir de Angleria creou o termo Novo Mundo (novi orbis) nunha carta de novembro de 1492, na cal se refería á primeira viaxe de Colombo a América. O ano seguinte de Angleria refírese novamente ao Novo Mundo (orbis novus). En 1516, de Angleria publica o libro De orbe novo ("Sobre o Novo Mundo").
O termo foi tamén utilizado por Giovanni da Verrazzano na descrición da viaxe que efectuou en 1524 ao longo da costa atlántica de América do Norte (as actuais costas Leste dos Estados Unidos e de Canadá).
Outros usos
Novo Mundo pódese referir a outras cousas máis específicas, como:
- nun contexto histórico, ao se referir ao descubrimento europeo de América;
- en bioloxía, para describir grupos de especies que son encontradas só en América;