Orquestra de Espazo de Cámara da Universidade de Santiago de Compostela: Diferenzas entre revisións
m Arranxos varios using AWB |
m →Notas: Arranxos varios, replaced: {{referencias}} → {{Listaref}} |
||
Liña 27: | Liña 27: | ||
==Notas == |
==Notas == |
||
{{ |
{{Listaref}} |
||
== Véxase tamén == |
== Véxase tamén == |
Revisión como estaba o 27 de setembro de 2017 ás 08:36
A Orquestra de Espazo de Cámara da Universidade de Santiago de Compostela é un proxecto educativo no que participan estudantes e mesmo persoas que saben tocar un instrumento orquestral.[1]
A orquestra ten a súa orixe en 2010, aínda que ofrece o seu primeiro concerto en 2011, realiza cada curso escolar unha convocatoria pública, polo menos, para a selección e admisión para pertencer á formación. Os diferentes instrumentos para os que se realizan probas de admisión son violín, viola, violoncello, contrabaixo, frauta, óboe, clarinete, fagot, trompa, trompeta, trombón, tuba, clave, órgano, percusión e arpa.
O vestiario dos membros do grupo nas actuacións é de cor negra, toda a indumentaria: camisa, pantalón, vestido e zapatos son de cor negra.
Nas actuacións desta orquestra é frecuente vela acompañada por solistas alleos á formación. Esta orquestra ofrece concertos públicos e gratuítos repartidos ao longo do curso escolar.
Dirección musical
Dende a súa fundación en 2010 está baixo a batuta de Mario Diz.
Mario Diz, é un músico discípulo do mestre Antón García Abril, que desenvolve a súa carreira profesional ligada a diversos proxectos, ademais do xa mencionado. Exerce nos últimos anos unha intensa actividade compositiva para diferentes agrupacións profesionais e didácticas ademais de continuar a súa actividade como profesor de violín e viola na Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela.
Participantes
Neste proxecto participan dous grupos de músicos:
- Grupo residente:
Son membros da Comunidade Universitaria da USC con coñecementos previos de tocar algún instrumento pertencente á disposición instrumental da Orquestra do Espazo de Cámara da USC.
- Grupo interino:
Son compoñentes de orquestra pero non son membros da Comunidade Universitaria da USC, son estudantes de música de centros oficiais e/ou escolas de música e superaron unha proba específica para ingresar na Orquestra do Espazo de Cámara da USC.
Acontecementos
Espazo de Cámara ofrece concertos gratuítos e de asistencia libre ao longo do curso escolar. Aínda que o seu primeiro concerto tivo lugar a mediados de abril de 2011, o primeiro concerto oficial desta formación tivo lugar o 17 de xuño de 2011, na igrexa da Universidade, co programa seguinte:
- Sinfonía “Ao Santo Sepolcro” Rv 169 - Antonio Vivaldi (Venecia 1678, Viena 1741)
- Concerto para cordas en Re Maior Rv121 - Antonio Vivaldi
- Seis Danzas Galegas, Suite. – Mario Diz
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Orquestra de Espazo de Cámara da Universidade de Santiago de Compostela no Facebook
- Orquestra de Espazo de Cámara da Universidade de Santiago de Compostela no Twitter
- Web da USC para Espazo de Cámara da Universidade de Santiago de Compostela
- Web de Mario Diz
- A orquestra da USC preséntase hoxe en Mazarelos
- axenda cultural da USC