Jordi Hereu: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m →‎Ligazóns externas: Arranxos varios
m →‎top: Arranxos varios, replaced: |thumb| → |miniatura|
Liña 1: Liña 1:
[[Ficheiro:Dinar Cambra amb Jordi Hereu, alcalde Barcelona, el 3 de maig de 2011.jpg|250px|thumb|Jordi Hereu]]
[[Ficheiro:Dinar Cambra amb Jordi Hereu, alcalde Barcelona, el 3 de maig de 2011.jpg|250px|miniatura|Jordi Hereu]]
'''Jordi Hereu i Boher''', nado en [[Barcelona]] o [[14 de xuño]] de [[1965]], é un [[político]] [[Cataluña|catalán]], [[alcalde]] de Barcelona dende [[2006]] e [[2011]], e militante do [[Partit dels Socialistes de Catalunya]] dende [[1987]].
'''Jordi Hereu i Boher''', nado en [[Barcelona]] o [[14 de xuño]] de [[1965]], é un [[político]] [[Cataluña|catalán]], [[alcalde]] de Barcelona dende [[2006]] e [[2011]], e militante do [[Partit dels Socialistes de Catalunya]] dende [[1987]].



Revisión como estaba o 16 de setembro de 2017 ás 22:52

Jordi Hereu

Jordi Hereu i Boher, nado en Barcelona o 14 de xuño de 1965, é un político catalán, alcalde de Barcelona dende 2006 e 2011, e militante do Partit dels Socialistes de Catalunya dende 1987.

Traxectoria

Pasou a súa infancia no casco antigo do barrio de Sant Gervasi, a onde a súa familia se trasladou por obrigacións do negocio familiar (o seu pai era empresario do sector lácteo), logo de residir en Ciutat Vella e no Eixample. A súa familia, non obstante, é orixinal da comarca catalá do Pallars Jussà.

Cando era pequeno e mozo, Hereu foi escolta e cursou os seus estudos primarios e o bacharelato na Escola Sant Gregori, un centro escolar en Sarrià-Sant Gervasi que destacaba polo seu talante democrático. Posteriormente licenciouse en Administración e Dirección de Empresas e obtuvo un MBA en ESADE. Foi membro das asociacións de estudantes AIESEC e Empresa Joventut entre 1986 e 1988.

Hereu está casado e ten dous fillos. Entre as súas aficións destaca a lectura, o cinema e a música.

Alcalde de Barcelona

O 29 de agosto de 2006 anunciouse a súa designación como candidato do seu partido a suceder a Joan Clos á fronte da alcaldía da cidade, cuxo substitución tivo lugar o 8 de setembro de 2006, debido á designación de Clos como responsable do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio.

Nos comicios electorais do 27 de maio de 2007, a lista encabezada por Jordi Hereu foi a máis votada, conseguindo 14 concelleiros. Co apoio de Iniciativa per Catalunya, Hereu foi novamente investido Alcalde o 16 de xuño de 2007.

O 22 de maio de 2011 perdeu as eleccións contra Xavier Trias de CiU, que foi investido alcalde o 1 de xullo.


Predecesor:
Joan Clos
 
Alcalde de Barcelona
 
2006-2011
Sucesor:
Xavier Trias

Véxase tamén

Ligazóns externas