Ático: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
RubenWGA (conversa | contribucións)
Arranxo
RubenWGA (conversa | contribucións)
Arranxos
Liña 31: Liña 31:
=== Ligazóns externas ===
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.articulosinformativos.com.mx/Conversion_Del_%C3%81tico-a876265.html Conversión do ático], {{Es}}.
* [http://www.articulosinformativos.com.mx/Conversion_Del_%C3%81tico-a876265.html Conversión do ático], {{Es}}.

* [https://www.britannica.com/EBchecked/topic/450453 Ático (arquitectura)] na ''[[Encyclopædia Britannica]],'' {{En}}.
* [https://www.britannica.com/EBchecked/topic/450453 Ático (arquitectura)] na ''[[Encyclopædia Britannica]],'' {{En}}.



Revisión como estaba o 10 de marzo de 2017 ás 00:00

Ático na parte superior dun edificio en São Paulo.

O ático[1] é o espazo habitábel situado directamente debaixo da azotea dun edificio.[2] Nalgúns edificios resérvase o ático para apartamentos de deseño e luxo moi exclusivos.[3]

Esta consideración sufriu, coa instalación de ascensores nos edificios, un cambio histórico, pois nos antigos edificios, o ático era a parte menos nobre dada a súa penosa accesibilidade, a súa temperatura máis extrema e variábel e a posíbel humidade derivada da súa proximidade ao tellado.[4]

Algúns áticos son reutilizados como dormitorios e oficinas, perfeccionados con escaleiras e xanelas, aínda que a maior parte permanece con difícil acceso e son usualmente utilizados como almacéns.[5]

Así mesmo, axuda ao control da temperatura, ao prover dunha gran masa de aire inmóbil.[6] O aire quente ascendente desde os niveis inferiores do edificio a miúdo queda atrapado no ático, creándolles a reputación de sitios inhóspitos.[7] Con todo, en anos recentes, algúns foron illados para axudar a diminuír os custos da calefacción.[8]

En moitos países de Latinoamérica, o ático significa o espazo que queda entre o teito interior do último piso e o tellado ou azotea.[8] Este é usado igualmente para vivendas de varios pisos ou vivendas dun só piso.[3] Ten un significado similar a faiado.[5]

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Ático.
  2. Jessica Dailey (Xullo 28, 2015). "Peek Inside the Woolworth Building's $110M Penthouse". Curbed New York. Consultado o Marzo 5, 2016. 
  3. 3,0 3,1 Georgia McCafferty (Novembro 20, 2015). "Asia's most expensive apartment sells for $66 million". CNN Money. Consultado o Marzo 5, 2016. 
  4. Alpern, Andrew. Luxury apartment houses of Manhattan: An Illustrated History. Dover Pubns, 1992.Print.
  5. 5,0 5,1 Kneen, Orville "Manhattan's $300,000 Rooftop Apartments" Modern Mechanics and Inventions Novembro 1929
  6. Aronson, Steven M. L. "Rooms with a view: inside and out, a New York penthouse attracts attention." Architectural digest. 67.4 (2010): 62-69. Print.
  7. Kim, Lauren Baier "Through the roof: Luxury -Penthouse condos" Wall Street Journal Real Estate (Novembro 9, 2005)
  8. 8,0 8,1 "Life on Top" USPTO #77653907

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas