Batalla de Vitoria: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Moedagalega (conversa | contribucións)
*virxen > virxe.
Liña 3: Liña 3:
|nome_batalla = Batalla de Vitoria
|nome_batalla = Batalla de Vitoria
|imaxe = [[Ficheiro:Vitoria - Monumento Batalla Vitoria1.JPG|230px]]
|imaxe = [[Ficheiro:Vitoria - Monumento Batalla Vitoria1.JPG|230px]]
|descrición_imaxe = Monumento a Independencia de España, Praza da Virxen Branca, [[Vitoria]]
|descrición_imaxe = Monumento a Independencia de España, Praza da Virxe Branca, [[Vitoria]]
|conflito = [[Guerra da Independencia Española]], dentro das [[Guerras Napoleónicas]]
|conflito = [[Guerra da Independencia Española]], dentro das [[Guerras Napoleónicas]]
|data = [[21 de xuño]] de [[1813]]
|data = [[21 de xuño]] de [[1813]]

Revisión como estaba o 8 de marzo de 2017 ás 10:53

Modelo:Infobox conflito militar A batalla de Vitoria foi librada o 21 de xuño de 1813, entre as tropas francesas, dirixidas polo mariscal Jean-Baptiste Jourdan, que escoltaban a Xosé Bonaparte na súa fuxida de España e un conglomerado de tropas británicas, españolas e portuguesas o mando de Arthur Wellesley, duque de Wellington. A vitoria aliada sancionou a retirada definitiva das tropas francesas de España (con excepción de Cataluña), forzando a Napoleón a devolver a coroa do país a Fernando VII, mediante o tratado de Valençay finalizando así a guerra da Independencia española.

Trala contenda as forzas francesas en retirada deixaron sobre o campo de batalla numerosas pezas de arte e riquezas, esquilmadas dende 1808 ao longo da xeografía Ibérica, cuantioso patrimonio histórico artístico perdeuse a mercede dos saqueadores que aproveitaron a situación despois da batalla.