Biela: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m →‎top: Arranxos varios
m →‎top: Arranxos varios
 
Liña 6: Liña 6:


Algunhas bielas dispoñen dunha cabeza con conexión oblicua, facilitando o acceso durante a montaxe e desmontaxe do motor.
Algunhas bielas dispoñen dunha cabeza con conexión oblicua, facilitando o acceso durante a montaxe e desmontaxe do motor.

{{Control de autoridades}}


[[Categoría:Mecánica]]
[[Categoría:Mecánica]]

Revisión actual feita o 26 de xaneiro de 2017 ás 22:01

Unha biela dun motor de automóbil unida ao pistón.

Unha biela é toda a peza dunha máquina que serve para transmitir ou transformar o movemento rectilíneo alternativo en circular continuo. Un exemplo de biela no interior dun motor de automóbil é a peza que une o émbolo (pistón) á cambota.

A cabeza (a parte máis larga) é apertada á cambota por medio de parafusos e a extremidade oposta é trancada pola cavilla do émbolo, no interior da súa saia. Mentres esta extremidade se despraza para arriba e para baixo (solidaria co movemento do pistón), a cabeza describe un movemento circular. Non ten, por tanto, ningún mecanismo de atenuación do movemento do pistón no momento da explosión ou combustión, polo que o movemento brusco sería transmitido directamente da cambota para o eixe con esta, á súa vez, sufrindo as consecuencias da explosión - vibracións. Esta función é asegurada polos moentes de apoio da cambota e polo volante do motor.

Algunhas bielas dispoñen dunha cabeza con conexión oblicua, facilitando o acceso durante a montaxe e desmontaxe do motor.