Deus Pai: Diferenzas entre revisións
m Arranxos varios, replaced: {{listaref|2}} → {{Listaref|30em}} using AWB |
m Arranxiño |
||
Liña 1: | Liña 1: | ||
[[Ficheiro:Cima da Conegliano, God the Father.jpg|miniatura|300px|''Deus Pai'' por [[Cima da Conegliano]], c. 1515]] |
[[Ficheiro:Cima da Conegliano, God the Father.jpg|miniatura|300px|''Deus Pai'' por [[Cima da Conegliano]], c. 1515]] |
||
'''Deus Pai''' é un título dado a [[Deus]] en moitas relixións [[monoteísmo|monoteístas]], especialmente nas [[ |
'''Deus Pai''' é un título dado a [[Deus]] en moitas relixións [[monoteísmo|monoteístas]], especialmente nas [[relixións abrahámicas|abrahámicas]]. No [[xudaísmo]] Deus é chamado Pai por ser o creador, o dador da vida e da lei, e protector.<ref>{{cita libro|autor=BLIDSTEIN, Gerald J.|título=Honor thy father and mother: filial responsibility in Jewish law and ethics| ano =2006|id=ISBN 0-88125-862-8}}</ref> No [[cristianismo]], Deus tamén é chamado ''"Pai"'' polas relacións paternofiliais reveladas por [[Xesús de Nazaret|Xesús Cristo]] e polas razóns mencionadas anteriormente.<ref>{{cita libro|autor=WEINANDY, Thomas|título=Jesus the Christ|publicación=OSV Press|id=ISBN 1-931709-68-8}}</ref> |
||
Polo xeral, o nome ''Pai'' representa o papel de Deus como dador de vida, [[autoridade]], protector poderoso e, a miúdo, percebido como [[omnipotente]], [[omnisciente]] e [[omnipresente]], cun poder infinito e cunha [[caridade]] máis aló do entendemento humano.<ref>{{cita libro|autor=KIMBROUGH, Lawrence|ano=2006|título=Contemplating God the Father|publicación=B&H Publishing|id=ISBN 0-8054-4083-6}}</ref> Por exemplo, logo de rematar o grande traballo da ''[[Summa Theologica]]'', [[Tomé de Aquino]] concluía que non comezara a comprender aínda a Deus Pai.<ref>{{cita libro|autor=Petrisko, Thomas W.|ano=2001|título=The Kingdom of Our Father|publicación=St. Andrew's Press|id=ISBN 1-891903-18-7}}</ref> |

Revisión como estaba o 10 de agosto de 2016 ás 13:20
Deus Pai é un título dado a Deus en moitas relixións monoteístas, especialmente nas abrahámicas. No xudaísmo Deus é chamado Pai por ser o creador, o dador da vida e da lei, e protector.[1] No cristianismo, Deus tamén é chamado "Pai" polas relacións paternofiliais reveladas por Xesús Cristo e polas razóns mencionadas anteriormente.[2]
Polo xeral, o nome Pai representa o papel de Deus como dador de vida, autoridade, protector poderoso e, a miúdo, percebido como omnipotente, omnisciente e omnipresente, cun poder infinito e cunha caridade máis aló do entendemento humano.[3] Por exemplo, logo de rematar o grande traballo da Summa Theologica, Tomé de Aquino concluía que non comezara a comprender aínda a Deus Pai.[4]
O xénero de Deus
Na maioría das tradicións e escritos das grandes relixións monoteístas, atribúense características masculinas a Deus. Na Biblia fálase directamente de Deus como termo masculino "Pai", tanto no Antigo como no Novo Testamento.
A miúdo defínese a Deus como un ser puramente espiritual e, xa que logo, sen sexo. Por exemplo, o Catecismo da Igrexa Católica no seu punto 239 declara que "Convén lembrar, entón, que Deus transcende a distinción humana dos sexos. Non é home nin muller, é Deus" [5].
Tamén na Biblia pódense atopar imaxes femininas referentes a Deus. Aínda que nunca se chama a Deus "Nai", ás veces compáraselle cunha nai. Unha muller dando a luz (Is 42,14), unha nai que non esquece aos seus fillos (Is 49,15), que os conforta (Is 66,12-13), unha nai que protexe a Israel (Is 46,3-4) etc.
O concepto islámico de Deus distánciase das concepcións xudeas e cristiás, e o termo "pai" non é aplicado polos musulmáns a Deus.
Notas
- ↑ BLIDSTEIN, Gerald J. (2006). Honor thy father and mother: filial responsibility in Jewish law and ethics. ISBN 0-88125-862-8.
- ↑ WEINANDY, Thomas. Jesus the Christ. OSV Press. ISBN 1-931709-68-8.
- ↑ KIMBROUGH, Lawrence (2006). Contemplating God the Father. B&H Publishing. ISBN 0-8054-4083-6.
- ↑ Petrisko, Thomas W. (2001). The Kingdom of Our Father. St. Andrew's Press. ISBN 1-891903-18-7.
- ↑ Convém, então, lembrar que Deus transcende a distinção humana dos sexos. Não é homem nem mulher: é Deus. (Catecismo da Igrexa Católica)