Serifos: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m QI
Liña 7: Liña 7:
! colspan="2" | Vista da illa
! colspan="2" | Vista da illa
|- style="text-align: center;"
|- style="text-align: center;"
| colspan="2" | [[Ficheiro:Seriphos Chora 20030730.jpg|330px| ]]
| colspan="2" | [[Ficheiro:Χώρα Σερίφου 9393.jpg|300px| ]]
|- style="background-color: #eee;"
|- style="background-color: #eee;"
! colspan="2" | Datos
! colspan="2" | Datos

Revisión como estaba o 31 de xullo de 2016 ás 16:14

Serifos - Σέριφος
Vista da illa
Datos
Capital Serifos
País Grecia
Localización Mar Mediterráneo
Arquipélago Cícladas
Linguas Grego
Poboación (2001) 1.414 hab.
Superficie 70 km²
Densidade
Coordenadas 37°9′N 24°30′L / 37.150, -24.500
Maior Altura 585 m.
Localización
Localización da illa

Serifos (grego Σέριφος, latín Seriphos ou Seriphus) é un illa grega do Mar Exeo, localizada nas Cícladas occidentais, ao sur de Quitnos e ao noroeste de Sifnos. A superficie é duns 70 km² e está a uns 170 km do Pireo.

Cando Acrisio foi advertido por un oráculo de que o seu neto mataríao, botou á súa filla (Dánae) e ao seu fillo Perseo á deriva ao mar nun cofre de madeira. Foi na illa de Serifos onde desembarcaron.

Historia

A illa foi colonizada polos xonios de Atenas e foi das poucas illas que rexeitou someterse a Xerxes I no 480 adC. Foi unha illa moi pouco importante e os romanos utilizárona como lugar de desterro.

A cidade moderna está na costa este, próxima á antiga e chegou a ter máis de 2.000 habitantes. Da cidade antiga quedan algúns restos.

Os mineiros, folga de 1916 En 1916 os mineiros fixeron folga e o estado grego a petición do propietario (a familia alemá Groman) envióu á garda nacional. Os soldados dispararon aos mineiros e mataron a catro, pero o resto e as súas mulleres atacaronos e mataron a todos e proclamaron a República soviética. Unhas semanas despois forzas militares gregas recuperaron o control, pero os mineiros obtiveron mellores condicións laborais e a xornada de 8 horas.

Comunidades

  • Galani
  • Kallitsos
  • Koutalas
  • Livadi Serifou
  • Mega Chorio
  • Mega Livadi
  • Panagia
  • Serifos


Panorama de Serifos, Leivadhion e Chora
Panorama de Serifos, Leivadhion e Chora