Bulimia nerviosa: Diferenzas entre revisións
Nova páxina: A '''bulimia''' é un transtorno alimentario consistente nun apetito esaxerado, cunha ansia copulsiva de comer grandes cantidades de comoida, unido a unha sensación de que est... |
m warnfile Añadido: no:Bulimia nervosa |
||
Liña 15: | Liña 15: | ||
[[de:Bulimie]] |
[[de:Bulimie]] |
||
[[en:Bulimia nervosa]] |
[[en:Bulimia nervosa]] |
||
⚫ | |||
[[es:Bulimia]] |
[[es:Bulimia]] |
||
⚫ | |||
[[fr:Boulimie]] |
[[fr:Boulimie]] |
||
[[is:Lotugræðgi]] |
|||
[[he:בולימיה]] |
[[he:בולימיה]] |
||
[[ |
[[is:Lotugræðgi]] |
||
[[ja:神経性大食症]] |
[[ja:神経性大食症]] |
||
[[nl:Boulimie]] |
|||
[[no:Bulimia nervosa]] |
|||
[[pl:Bulimia]] |
[[pl:Bulimia]] |
||
[[pt:Bulimia nervosa]] |
[[pt:Bulimia nervosa]] |
Revisión como estaba o 18 de xuño de 2007 ás 20:34
A bulimia é un transtorno alimentario consistente nun apetito esaxerado, cunha ansia copulsiva de comer grandes cantidades de comoida, unido a unha sensación de que este tipo de alimentación é anormal. Aparece sensación de culpa e medo a non poder deter esas ansias imparábeis de comer xunto con temor á obesidade; estes episodios danse moitas veces en quen está a sofrir anorexia nervosa, que alternan períodos de privación de alimentos con períodos de bulimia.
Pódense chegar a comer até 3 ou 4 quilos nunha soa comida, sen masticalos apenas. Moitas veces, o acto compulsivo de comer vai seguido da indución do vómito por temor á obesidade. O ataque de fame dura unha hora e pódense inxerir 3.500 calorías durante unha comida. O tipo de comida preferida nestes casos son os hidratos de carbono, como os xelados, as conservas, as pastas e as bebidas edulcoradas.
Quen padecen bulimia mais non anorexia nervosa presentan un peso normal ou un sobrepeso lixeiro. Son máis propensos a sofrila quen foron obesos na adolescencia. É característica a flutuación de peso con gañancias e perdas cíclinas. Nun terzo das mulleres pérdese a menstruación (amenorrea).
Os vómitos ocasionan alteracións no sangue: perda de potasio e alcalose metabólica debida ao uso de laxantes, que é habitual que se usen para contribuir a evitar o aumento de peso. Tamén se deteriora o esmalte dos dentes. Poden provocar neumonias por aspiración do vómito ou alteracións gástricas, con dilatacións e mesmo rotura do esófago, así como alteracións no páncreas (pancreatite).
Aparece unha tendencia ao suicidio que duplica á dos que padecen anorexia nervosa.