CB Granada: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
|||
Liña 3: | Liña 3: | ||
| fundado = [[1994]] |
| fundado = [[1994]] |
||
| desaparecido = [[2012]] |
| desaparecido = [[2012]] |
||
| cidade = {{ESPb}} [[ |
| cidade = {{ESPb}} [[Granada]], [[España]] |
||
| pavillón = [[Palacio Municipal de Deportes de Granada|Palacio de Deportes]] |
| pavillón = [[Palacio Municipal de Deportes de Granada|Palacio de Deportes]] |
||
| capacidade = 7.358 |
| capacidade = 7.358 |
||
Liña 11: | Liña 11: | ||
| sitio_web = [http://www.cbgranada.com/ cbgranada.com] |
| sitio_web = [http://www.cbgranada.com/ cbgranada.com] |
||
}} |
}} |
||
O '''Club Baloncesto Granada SAD''' foi un equipo de [[baloncesto]] da cidade de [[ |
O '''Club Baloncesto Granada SAD''' foi un equipo de [[baloncesto]] da cidade de [[Granada]], [[Andalucía]] ([[España]]). |
||
== Traxectoria == |
== Traxectoria == |
Revisión como estaba o 5 de marzo de 2016 ás 23:32
Club Baloncesto Granada | |
Información xeral | |
---|---|
Fundación | 1994 |
Desaparición | 2012 |
Historia | C.A.B. Granada (1994-1996) |
Cores | Granate, verde |
Localización | |
Cidade | Granada, España |
Pavillón | Palacio de Deportes |
Capacidade | 7.358 |
Inauguración | 1991 |
cbgranada.com |
O Club Baloncesto Granada SAD foi un equipo de baloncesto da cidade de Granada, Andalucía (España).
Traxectoria
O CB Granada SAD sucedeu ao anterior club da cidade, o Club Deportivo Oximesa, desaparecido por problemas económicos. O Club Asociación Baloncesto Granada (C.A.B. Granada) constituíuse o 28 de xuño de 1994 so a fórmula de Asociación Deportiva procedendo do desaparecido C.A.B. Loja.
Tras participar dous anos na Liga EBA (na tempada 1995-96 ficou campión tras resultar invicto en tódolos partidos da fase final), o 14 de xuño de 1996 o CAB Granada adquiriu os dereitos para participar na Liga ACB ao Club Baloncesto Salamanca. O 11 de xullo o Club constitúese en Sociedade Anónima Deportiva.
Na tempada 1998-99 descende á liga LEB, para lograr de novo o ascenso e o retorno á ACB na tempada 2000-01. Na tempada 2002-03 volve perder a categoría, mais retorna na campaña 2003-04 tras só unha tempada na LEB.
A andaina deste club partiu en Salamanca, en 1993, onde competiu 3 anos como Club Baloncesto Salamanca, chegando a clasificarse para a Copa Korac no seu último ano de existencia, e en 1996 a sociedade cambiou o domicilio e o nome cara a terras granadinas, tomando o nome de Club Baloncesto Granada que iniciara a súa andaina en 1994. Participou na Liga ACB, mais tamén na división inferior do baloncesto español, a Liga LEB. A súa mellor actuación ata o momento foi na tempada 2006-07, 2008-09 cando terminaron na 11ª posición da Liga ACB. Na tempada 2010-11 descendeu á LEB Ouro.
Na tempada 2011-12, descendeu á LEB Prata tras pasar por un grande número de problemas económicos e institucionais. Días máis tarde, o club anunciou, a través da súa páxina web oficial, a liquidación da entidade e a súa desaparición.
Cada ano dende 2004 organizaba un torneo amigable, o Memorial Antonio Rodríguez Franco.
Denominacións
- C.A.B Spar Granada: 1995-1996
- Covirán Sierra Nevada e Covirán Cervezas Alhambra: 1996-1999
- Club Baloncesto Granada: 2000-2012.