Trímetro iámbico: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Creada como tradución da páxina "Trímetro yámbico"
 
Servando2 (conversa | contribucións)
m engado a Categoría:Poesia mediante HotCat
Liña 19: Liña 19:
* Sátira latina
* Sátira latina
* [[Sátira]]
* [[Sátira]]

[[Categoría:Poesia]]

Revisión como estaba o 25 de febreiro de 2016 ás 08:26

O trímetro iámbico é un tipo verso germinado na poesía grega que se basea no iambo (∪ —) e que consta de tres metros iámbicos que adoptan o seguinte esquema:

X — ∪ — |X — ∪ — |X — ∪ — |

É unha estrutura fixa e inflexible nos iambógrafos arcaicos; pero no drama e sobre todo na comedia, podemos asistir a substitucións e resolucións: ∪ ― (iambo) pode ser substituído por ∪ ∪ ∪ (tríbraco). ― ― (espondeo) por ∪ ∪ ― (anapesto) ou por ― ∪ ∪ (dáctilo) e ∪ ∪ ∪ ∪ (proceleusmático).

Ademais, pode presentar as cesuras trihemímera, pentemímera e heptemímera, pero nunca diérese.

No trímetro iámbico cúmprese a Lei de Porson, é dicir, se o verso termina en palabra trisílaba e a esta a precede unha palabra polisílaba, a última sílaba desta (a penúltima palabra) debe ser sempre breve.

Foi utilizado en primeiro lugar na lírica iambógrafa grega do s. VII a. C., pero con posterioridade este tipo de versificación será adoptado tamén polas partes recitadas dos xéneros teatrais, a comedia grega e a traxedia grega.

Véxase tamén