Ciclo de Rankine: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 55: Liña 55:


==Ciclo Rankine real (non-ideal)==
==Ciclo Rankine real (non-ideal)==
Nun ciclo Rankine real, a compresión pola [[Bomba hidráulica|bomba]] e a expansión na [[turbina]] non son isoentrópicas<ref name="Van_Wylen">Van Wylen</ref>. En outras palabras, estes procesos non son reversíbeis, e a [[entropía]] aumenta durante os procesos (indicados na figura como ΔS). Isto fai con que a enerxía requirida pola bomba sexa maior, e que o traballo producido pola turbina sexa menor do que o producido nun estado de idealidade.
Nun ciclo Rankine real, a compresión pola [[Bomba hidráulica|bomba]] e a expansión na [[turbina]] non son isoentrópicas<ref name="Van_Wylen"/>. En outras palabras, estes procesos non son reversíbeis, e a [[entropía]] aumenta durante os procesos (indicados na figura como ΔS). Isto fai con que a enerxía requirida pola bomba sexa maior, e que o traballo producido pola turbina sexa menor do que o producido nun estado de idealidade.


==Variacións do ciclo Rankine==
==Variacións do ciclo Rankine==
Liña 61: Liña 61:


===Ciclo Rankine con requentamento===
===Ciclo Rankine con requentamento===
O ciclo Rankine con requentamento opera utilizando dúas turbinas en serie. A primeira [[turbina]] recebe o [[vapor]] da caldeira a alta presión, liberándoo de tal maneira a evitar a súa condensación. Este vapor é entón requentado, utilizando a calor da propia caldeira, e é utilizado para accionar unha segunda turbina de baixa presión. Entre outras vantaxes, isto impide a [[condensación]] do vapor no interior das turbinas durante a súa expansión, o que podería danificar seriamente as pas da turbina<ref name="Van_Wylen">Van Wylen</ref>.
O ciclo Rankine con requentamento opera utilizando dúas turbinas en serie. A primeira [[turbina]] recebe o [[vapor]] da caldeira a alta presión, liberándoo de tal maneira a evitar a súa condensación. Este vapor é entón requentado, utilizando a calor da propia caldeira, e é utilizado para accionar unha segunda turbina de baixa presión. Entre outras vantaxes, isto impide a [[condensación]] do vapor no interior das turbinas durante a súa expansión, o que podería danificar seriamente as pas da turbina<ref name="Van_Wylen"/>.
[[Ficheiro:Ciclo_rankine_reaq.jpg|miniatura|350px|centro|Ciclo Rankine con requentamento]]
[[Ficheiro:Ciclo_rankine_reaq.jpg|miniatura|350px|centro|Ciclo Rankine con requentamento]]



Revisión como estaba o 16 de novembro de 2015 ás 14:41

O Ciclo Rankine é un ciclo termodinámico. Modeliza a obtención de traballo nunha turbina de vapor. Debe o seu nome ó matemático escocés William John Macquorn Rankine

Procesos de un ciclo Rankine

O diagrama T-S de un ciclo Rankine, exhibindo un proceso real e ideal.

Existen catro procesos[1] nun ciclo Rankine, cada un alterando as propiedades do fluído de traballo. Estas propiedades son identificadas polos números no diagrama da dereita.

  • Proceso 4-1: Primeiro, o fluído é bombeado (idealmente de forma isoentrópica) de unha presión baixa para unha presión alta utilizándose unha bomba. O bombeamento requer aporte de enerxía.
  • Proceso 1-2: O fluído presurizado entra nunha caldeira, onde é quentado a presión constante até se tornar vapor sobrequentado. Fontes comúns de calor inclúen carbón, gas natural e enerxía nuclear.
  • Proceso 2-3: O vapor sobrequentado expande a través de unha turbina para xerar traballo. Idealmente, esta expansión é isoentrópica. Con esta expansión, tanto a presión canto a temperatura se reducen.
  • Proceso 3-4: O vapor entra nun condensador, onde é arrefriado até a condición de líquido saturado. Este líquido retorna á bomba e o ciclo se repite.

Descrición

O ciclo Rankine describe a operación de turbinas a vapor comunmente encontradas en centrais térmicas.

O fluído de traballo nun ciclo Rankine segue un ciclo fechado, e é constantemente reutilizado. O vapor que se desprende en estacións de enerxía ven do sistema de arrefriamento do condensador, e non do fluído de traballo.

Ciclo Rankine

Ecuacións

Cada unha das ecuacións a seguir poden ser obtidas facilmente a partir do balanzo de masa e enerxía do volume de control[2]. A quinta ecuación define a eficiencia termodinámica do ciclo como sendo a razón entre o traballo obtido do sistema e a calor fornecida ao sistema.

Variábeis

taxa de entrada de calor (enerxía por unidade de tempo)
fluxo másico (masa por unidade de tempo)
traballo mecánico usado polo ou proveniente do sistema (enerxía por unidade de tempo)
eficiencia termodinámica do proceso (adimensional)
estes son os valores de entalpía específica especificados no diagrama T-s

Ciclo Rankine real (non-ideal)

Nun ciclo Rankine real, a compresión pola bomba e a expansión na turbina non son isoentrópicas[2]. En outras palabras, estes procesos non son reversíbeis, e a entropía aumenta durante os procesos (indicados na figura como ΔS). Isto fai con que a enerxía requirida pola bomba sexa maior, e que o traballo producido pola turbina sexa menor do que o producido nun estado de idealidade.

Variacións do ciclo Rankine

Dúas variacións básicas do ciclo Rankine son utilizados actualmente.

Ciclo Rankine con requentamento

O ciclo Rankine con requentamento opera utilizando dúas turbinas en serie. A primeira turbina recebe o vapor da caldeira a alta presión, liberándoo de tal maneira a evitar a súa condensación. Este vapor é entón requentado, utilizando a calor da propia caldeira, e é utilizado para accionar unha segunda turbina de baixa presión. Entre outras vantaxes, isto impide a condensación do vapor no interior das turbinas durante a súa expansión, o que podería danificar seriamente as pas da turbina[2].

Ciclo Rankine con requentamento

Ciclo Rankine rexenerativo

O ciclo Rankine rexenerativo é nomeado desta forma debido a que fluído é requentado após saír do condensador, aproveitando parte da calor contida no fluído liberado pola turbina de alta presión. Isto aumenta a temperatura media do fluído en circulación, o que aumenta a eficiencia termodinámica do ciclo.

Ciclo Rankine rexenerativo

Notas

  1. Moran & Shapiro 'Fundamentals of Engineering Thermodynamics' (ISBN 0471274712)
  2. 2,0 2,1 2,2 Van Wylen 'Fundamentos da Termodinámica' (ISBN 8521203276)