Ciclo Kalina
O ciclo Kalina é un ciclo termodinámico para a conversión de enerxía térmica en forza mecánica, optimizado para uso con fontes térmicas que estean nunha temperatura relativamente baixa en comparación coa temperatura do disipador de calor (ou o ambiente). O ciclo utiliza un fluído de traballo con polo menos dous compoñentes (xeralmente auga e amoníaco) e unha relación entre eses compoñentes é variábel en diferentes partes do sistema para aumentar a reversibilidade termodinámica e, polo tanto, o aumento global da eficiencia termodinámica. Existen diversas variantes dos sistemas de ciclo Kalina especificamente aplicábeis para diferentes tipos de fontes de calor. Téñense construído varias centrais eléctricas experimentais usando o concepto de ciclo Kalina,[1] incluíndo sistemas de coxeración xunto a unidades de produción de determinados materiais, como por exemplo, a produción de cemento.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Natália Pereira de Moraes e Paulino E. Coelho; Geração de energia geotermelétrica a partir de plantas do tipo Kalina Arquivado 21 de setembro de 2016 en Wayback Machine.; Engenharia 2010, 597.
- ↑ Daniel Vigarinho de Campos: Cogeração en uma fábrica de cimento