Demi Lovato: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
restauro versión sen últimos vandalismos
MrCarlete (conversa | contribucións)
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través da aplicación móbil
Liña 43: Liña 43:
|-
|-
| [[Demi (álbum)|Demi]] || 2013
| [[Demi (álbum)|Demi]] || 2013
|-
| [[Confident (álbum)|Confident]] || 2015
|}
|}



Revisión como estaba o 18 de outubro de 2015 ás 10:03

Modelo:Artista musical Demetria Devonne Lovato, coñecida artisticamente como Demi Lovato, nada o 20 de agosto de 1992 en Albuquerque, Novo México, é unha actriz e cantante estadounidense.

Biografía

Demi Lovato naceu en Albuquerque, Novo México, e criouse en Dallas, Texas. Filla de Patrick Lovato e Dianna De La Garza (Hart, de solteira). Ela é de ascendencia mexicana, irlandesa e italiana. Ten unha irmá máis vella, Dallas Lovato que tamén é cantante, e unha media-irmá, Madison De La Garza que tamén é actriz. Súa nai Dianna Hart foi unha "Dallas Cowboys Cheerleader" e unha cantante country famosa na súa cidade local, o seu pai trasladouse a Novo México despois de divorciarse da súa anterior esposa en 1994.

Demi estudiou no "Cross Timbers Middle School", un dos "Middle School" pertencente ao distrito escolar "Grapevine-Colleyville Independent School District", onde foi á clase de coro 3 anos. Gañou un diploma de ensino medio mediante educación no fogar en xullo de 2009. Empezou a tocar o piano á idade de sete anos.

Carreira como actriz

Comezou no 2002, con 10 anos na serie infantil Barney & friends sendo emitida nos anos 2003 e 2004. No 2006, Demi Lovato fixo un capítulo para a serie Prison Break onde interpretaba o papel de Danielle Curtin. Tamén interpretou de Nicole na segunda temporada de Just Jordan no episodio Slippery When Wet. No ano 2007 conseguiu o seu primeiro papel protagonista, na serie de Disney Channel As the Bell Rings.

No ano 2008, protagonizou a pelicula Camp Rock que a levaría á fama internacional. O seu papel foi o de Mitchie Torres, unha adolescente de 14 anos que tiña como sono ser cantante e ir ao campamento musical de verán "Camp rock". A pelicula, só en EEUU conseguiu no estreno a 8.9 millóns de espectadores. No 2009, protagonizou a serie orixinal de Disney Channel, Sonny with a Chance onde facia de Sunny Monroe, unha humorista no programa en vivo So random!

No ano 2009 volve protagonizar outra pelicula de Disney Channel, esta vez, xunto coa súa amiga e estrela adolescente Selena Gomez, Princess Protection Program facendo da Princesa Rosalinda. En 2010 protagoniza Camp Rock 2: The final jam.

Discografía

Titulo Ano
Don't Forget 2008
Here we go again 2009
Unbroken 2011
Demi 2013
Confident 2015

Véxase tamén

Ligazóns externas