Virtus Bologna: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Adorian (conversa | contribucións)
Adorian (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
{{Equipo FIBA
{{Equipo FIBA
| nome = Virtus Pallacanestro Bologna
| nome = Virtus Bologna
| imaxe = Virtus Bologna logo.svg
| imaxe = Virtus Bologna logo.svg
| imagesize = 140px
| imagesize = 140px

Revisión como estaba o 7 de setembro de 2015 ás 17:11

Virtus Bologna
Información xeral
Liga Serie A
Alcume Vu nere
Fundación 1871
Cores           Negro, branco
Presidente Italia Renato Villalta
Adestrador Italia Giorgio Valli
Himno "Dai sali e vai"
Localización
Cidade Italia Boloña, Italia
Pavillón Unipol Arena
Capacidade 11.000
Inauguración 1993
Campionatos
Euroliga 2 (1998, 2001)
Recopa 1 (1990)
EuroChallenge 1 (2009)
Liga Italia 15 (1946−1949, 1955−1956, 1976, 1979−1980, 1984, 1993−1994, 1995, 1998, 2001)
Copa Italia 8 (1974, 1984, 1989, 1990, 1997, 1999, 2001, 2002)
Supercopa 1 (1995)
virtus.it

O Virtus Pallacanestro Bologna é o nome oficial dun histórico club de baloncesto italiano, fundado en 1922 na cidade de Boloña. É un dos clubs máis prestixiosos de Italia e Europa, como así o acredita o seu palmarés que, entroutros títulos, conta con 2 Euroligas e 1 Recopa de Europa, e 15 Ligas italianas e 8 Copas italianas.

Pese a que o "Virtus Pallacanestro Bologna" é o nome oficial, o club foi normalmente coñecido co nome que lle deron as diferentes empresas que o patrocinaron ao longo da súa historia, coma a meirande parte dos equipos italianos de baloncesto. Os seus nomes comerciais máis coñecidos son Sinudyne, Granarolo, Knörr, Buckler e Kinder.

Historia

O club ten unha longa historia. A mellor tempada do Virtus no que se refire aos trofeos foi a 2000-01, cando gañou a Euroliga (aínda que era o ano da escisión entre a FIBA e a ULEB) e a Liga e a Copa italianas. Antes gañara a Euroliga tamén en 1998 con Predrag Danilović.

Sen embargo, logo desa tempada triunfal de 2000-01 varios xogadores clave marcharon. Ao final da tempada 2001-02, Manu Ginobili, o mellor xogador da Final Four de 2001, marchou á NBA, e tamén Marko Jarić. Ao final da tempada 2002-03, o Virtus, como consecuencia de graves problemas financeiros, foi relegado á Segunda División italiana. Conseguiu o retorno á Primeira División, a Lega serie A, na tempada 2006-07.

A forte rivalidade local entre a Virtus e a Fortitudo en Boloña é unha das máis intensas do mundo do deporte. O xornalista da revista americana Sports Illustrated Alexander Wolff adicou un capítulo do seu libro sobre baloncesto Big Game, Small World a esta rivalidade.

Palmarés

Títulos internacionais

Títulos nacionais

Véxase tamén

Ligazóns externas