Manchuria: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 15: Liña 15:
# (''Non aparece no mapa''). Engádelle ao anterior a illa de Sajalin, reclamada polo goberno chinés como parte integrante do seu territorio nacional.
# (''Non aparece no mapa''). Engádelle ao anterior a illa de Sajalin, reclamada polo goberno chinés como parte integrante do seu territorio nacional.


[[Categoría:China]]
[[Categoría:Xeografía da China]]

Revisión como estaba o 5 de setembro de 2015 ás 20:19


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Diferentes definicións de Manchuria, con diferentes tons de vermello

Manchuria (en chinés: 滿洲, Mǎnzhōu), é unha rexión do nordeste da China, conta cunha superficie de 801.600 km2[Cómpre referencia]. É unha rexión histórica, non existe como unidade administrativa na República Popular da China hoxe en día.

Etnias

A rexión é o lar das etnias Xianbei, Khitán, e Jurchen, sendo a máis importante a etnia que lle dá nome, a etnia manchú. Esta última dinastía gobernou a China dende o século XVII até o 1911, dándolle á súa dinastía o nome de Dinastía Quing e converténdose na última dinastía imperial chinesa.

Extensión

Existen 3 definicións popularmente aceptadas:

  1. (Vermello máis escuro na imaxe). Comprende as provincias de Liaoning, Heilongjiang e Jilin
  2. (O anterior incluíndo o vermello medio). Inclúe a parte oriental da provincia de Mongolia Interior
  3. (O anterior incluíndo o vermello máis claro). Incluíndo a chamada Manchuria Rusa.
  4. (Non aparece no mapa). Engádelle ao anterior a illa de Sajalin, reclamada polo goberno chinés como parte integrante do seu territorio nacional.